O Concello de Vigo levará a cabo ao longo do mes de maio, unha serie de actividades para público adulto e público familiar por mor da celebración das Letras Galegas, dedicadas este ano a Xela Arias.
Clica na imaxe e te levará a páxina das actividades.
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presenta novos recursos en liña creados no marco do proxecto "Vigo arrólate", que ten como obxectivo fomentar a transmisión do galego no ámbito familiar. Na páxina web da iniciativa atoparades unha selección de arrolos en lingua galega para que os bebés prendan no sono. Así mesmo, da man do Fiadeiro poderedes descubrir a orixe, a evolución e a temática habitual dos cantos de berce.
Enviamos información desta actividade do SNL. Preme neste enlace recursos e teredes toda a información,
ANÍMATE A GRAVAR AS HISTORIAS QUE NOS CONTAN AS PERSOAS MAIORES
Nas aulas queremos escoitar as historias que nos contan as persoas maiores: contos, historias curiosas, refraneiros, profesións, .....Podes axudarlles ti a confeccionar os vídeos, facendo unha presentación, ou unha entrevista. ÁNIMO E ENVÍA OS VÍDEOS Á TÚA TITORA.
Estimadas familias estamos organizando a Semana da tradición oral que tanto éxito tivo na convocatoria do curso anterior. Aí tedes o cartaz e a circular informativa.