Skip to Content

Histórico de actividades

histórico de actividades realizadas en el centro

SEMANA DE TAREFAS GALIÑEIRO

Esta semana, o curso de 4º, ocupámonos do coidado do galiñeiro. Fixemos todas as tarefas necesarias para que as galiñas do Illas Cíes estiveran moi ben coidadas.

 

  • Abrímoslles a porta para que sairan do galiñeiro.
  • Botámoslles pan remollado en auga para que estivera brandiño.
  • Puxémoslles pienso no seu comedero.
  • Botámoslles auga.
  • Recollimos os ovos. Conseguimos 12 ovos ao longo da semana!
  • Fixémoslles o niño de palla para que poñan os ovos.

Foi unha moi boa experiencia!

 

BENVIDA ÁS GALIÑAS

Unha das actividades que desenvolveremos neste curso é o coidado de galiñas. 

Visitamos o galiñeiro e démoslle a benvida ás galiñas. Nós temos dúas especiais: Sol e Luna. 

CURSO 21 -22

Comezamos un novo curso!

Xa estamos en 4º!

As flores das nosas emocións

Para preparar os maios, fixemos unhas flores nas que expresamos as nosas emocións: enfado, alegría, medo, amor, ...

RECOMPENSAS SEGUNDO TRIMESTRE

O pasado 15 de abril, celebramos na aula o noso segundo día de recompensas deste curso.

Cos puntos acumulados no segundo trimestre, disfrutamos de xogos, actuacións, manualidades, música, ...

 

ENTROIDO 2021

CELEBRAMOS O ENTROIDO NA NOSA CLASE, SEGUINDO AO MECO E DISFRAZÁNDONOS SEGUNDO O TEMA DA SAÚDE E OUTROS QUE NOS GUSTABAN.

 

Mar de emocións pola paz

DÍA DA PAZ

Co gallo da celebración do día da PAZ participamos na exposición do colexio: Mar de emocións pola Paz.

Decoramos na clase de Artística un bote no que metimos os nosos recordos que nos transmiten emocións: amor, ledicia, paz,..

 

VISITA DOS REIS MAGOS

HOXE, 22 DE DECEMBRO, DESPEDIMOS O TRIMESTRE COA VISTA DOS REIS MAGOS E UNHA CHOCOLATADA. 

BO NADAL!

 

DÍA DAS RECOMPENSAS

DESPOIS DE MOITO TRABALLAR, CELEBRAMOS O DÍA DAS RECOMPENSAS, O LUNS 21 DE DECEMBRO.

CAMBIAMOS OS NOSOS PUNTOS POR RECOMPENSAS: ACTUAR, TRAER O XOGUETE FAVORITO, TRAER O LIBRO FAVORITO, FACER UN XOGO, FACER MANUALIDADES, VER UNHA PELÍCULA OU VIR DISFRAZADOS. PASÁMOLO MOI BEN!

 

MAGOSTÍN

 

Hoxe celebramos o MAGOSTÍN: Magosto e Samaín.

Disfrazámonos, fomos ver asar as castañas, comémolas e vimos unha película.

Distribuir contido


by Dr. Radut