Xornada de portas abertas 2023

                                                                                       portada xornadas

Xa estamos coas xornadas de portas abertas!!! Se queres coñecer o noso centro e o noso proxecto poderás visitar o centro previa cita chamando ao 886110668 ou no correo electónico ceip.igrexa.chapela@edu.xunta.gal. Animádevos!!!!

 

Saída a AFUNDACIÖN e Magosto

Aquí tedes os vídeos do magosto e da saída a AFUNDACIÓN.

 

Porque a violencia de xénero non é un xogo 2

Aquí tedes o segundo vídeo realizado co set chroma co lema "A violencia non é un xogo" do alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria. Son tod@s uns artistas!!!

 

Porque a violencia de xénero non é un xogo

Primeiro vídeo adicado ao 25N "Dia da internacional contra a violencia de xénero" Cun lema proposto polo Concello de Redondela e a través de montaxe en Chroma, emulamos o xogo de pasapalabra. Nesta ocasión con palabras negativas. Publicaremos outro con palabras positivas. Agardamos que vos guste o noso traballo!!!

 

Visita ao zoo de Vigo

VOLVE UN CLIC PARA O COLE

UNCLIC1UNCLIC2

 

UNCLIC3UNCLIC4

INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA EDIXGAL

Deixamos aquí o folleto informativo sobre o programa EDIXGAL que estamos a desenrolar nos cursos 5º e 6º de educación primaria. Teremos unha reunión informativa o día 4º de outubro ás 16 horas para afondar un pouco máis sobre o proxecto.

Podedes descargar o folleto premendo na imaxe:

Solicitude para as axudas de comedor

Axudas para o comedor

 

Deixamos aquí a páxina web do Concello de Redondela así como as bases da convocatoria. Calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós a través do correo electrónico ou do 886110668

Axudas para material escolar do Concello de Redondela

Xa se pode solicitar a axuda de material escolar para educación infantil do Concello de Redondela. O prazo é ata o día 10 de agosto. A solicitude se realizará directamente ao Concello de Redondela (non no colexio).

 

Para a información, podedes descargar a seguinte información ou visitar a páxina web do Concello

Distribuir contido