Día a día no cole

 

O noso centro!!

Logos páxina web

         

 

Novo campamento do Concello de Redondela

Aquí tedes a información sobre un novo campamento organizado polo Concello de Redondela

 

 

Axudas de libros, material escolar e fondolibros

                          AXUDAS LIBROS

 

Xa está aberto o prazo para solicitar a axuda dos libros, ,material escolar e fondolibros para o curso 2024-2025.

1- Quen pode solicitalo? Poderá solicitalo aquelas familias cuxos fillos/as cursen dende 1º de primaria ata 4º da ESO no curso 2024-2025

2- As cuantías e os requisitos están na orde que se adxunta a continuación.

3- Onde podo solicitalo: A través da Sede Electrónica, co código ED330B (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B)  ou ben presencialmente no colexio. Deixamos os anexos adxuntos que deberedes cubrir e entregar na secretaría antes do 21 de xuño.

4- Atención!! Firmade ben os anexos e lede ben toda a información relativa a axuda, xa que é preciso entregar a documentación e os anexos debidamente cubertos.

 

Programa municipal de Conciliación de Verán 2024

                                                                        Simona

 

Xa tedes na páxina web do Concello a información, bases e ficha de inscripción para o Programa de Conciliación de Verán do Concello de Redondela. Vos deixamos porr aquí tamén as bases e a ficha de inscripción.

https://redondela.gal/gl/programa-municipal-de-conciliacion-de-veran-2024/

 

 

 

Maratón das Letras Galegas 2024

Maraton

Recordade que este ano colaboramos co Banco de Alimentos de Vigo. Poderás traer os alimentos ao centro ata o día 16 de maio.

 

                             

O maratón das Letras Galegas será o día 16 de maio

Horario: 10 a 14 horas

Participan: CEIP Plurilingüe Igrexa Chapela, CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda, CEIP Laredo, IES Chapela, DISCAMINo, AMICOS

Colaboran: Concello de Redondela, Banco de Alimentos de Vigo, DISCAMINO

                                                           

                                          

 

Podedes descargar o dorsal nos adxuntos

O himno Galego

Aquí tedes o Himno Galego. O reto é cantalo todos xuntos na pista!!! Seremos quen de conseguilo??

 

BECAS NEAE 2024-2025

                                                       Becas neae

 

Xa está aberto o prazo para solicitar as becas para o alumnado con NEAE. O prazo vai dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. Para máis información podedes dirixirvos á páxina web do ministerio clicando neste enlace:

- Becas NEAE 2024-2025

Admisión curso 2024-2025

                                                 Solicitudes admisión

Actividade para o día do libro

Distribuir contido