Subida á Buraca 11 Chapela Horario do centro: Luns a Venres de 8:50 a 13:50 correo electrónico: ceip.igrexa.chapela@edu.xunta.gal Teléfono: 886110668
CEIP PLURILINGÜE IGREXA CHAPELA |
|
Subida á Buraca 11 Chapela Horario do centro: Luns a Venres de 8:50 a 13:50 correo electrónico: ceip.igrexa.chapela@edu.xunta.gal Teléfono: 886110668 |
Libros de texto para o curso 2023-2024Enviado por admin o Lun, 04/09/2023 - 08:12Publicamos novamente a listaxe dos libros de texto para o curso 2023-2024
Axudas para o material escolar do Concello de RedondelaEnviado por admin o Mar, 27/06/2023 - 08:30Clicade nos adxuntos para obter máis información
Axudas para o comedor escolar do Concello de RedondelaEnviado por admin o Lun, 29/05/2023 - 14:33
Xa tedes na seguinte ligazón : http://redondela.gal/es/subvenciones as bases para solicitar a axuda para o comedor escolar do curso que vén. Ollo ás datas xa que este ano adiantouse. O prazo para solicitalas é dende o 25 de maio ata o 23 de xuño ambos incluídos. Deixamos aquí as bases, o extracto e os anexos que podedes descargar. Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolarEnviado por admin o Lun, 22/05/2023 - 04:36
Xa está publicada na páxina web https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924 a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). Recordade que o alumnado de 6º de infantil terá que presentala. Deixamos aquí as bases e o extracto da mesma. Pódese solicitar a través da sede electrónica ou entregalo presencialmente no centro. O prazo é dende o 20 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluídos.
Programa municipal de Conciliación 2023. Convocatoria VeránEnviado por admin o Xov, 18/05/2023 - 08:13
Dende o día 18 de maio ata o día 31 de maio (ámbos incluídos), está aberto o prazo de inscripción para o programa de Conciliación de Verán. Deixamos nos anexos tanto as bases coma a ficha de inscripción. Calquera dúbida podedes consultar na páxina web do Concello de Redondela ou nos servicios sociais. BECAS NEAE MINISTERIO PARA O CURSO 2023-2024Enviado por admin o Ven, 28/04/2023 - 04:17
Xa podemos ver a convocatoria das Becas para o alumnado con NEAE convocadas polo Ministerio de educación. O prazo para a súa presentación seráa dende o 8 de maio ata o 20 de setembro ambos inclusive. Para máis información podedes pinchar no seguinte enlace:
Novas admisión curso 2023-2024Enviado por admin o Lun, 24/04/2023 - 07:30Todas as solicitudes entregadas no noso centro foron admitidas. As listaxes pódense consultar no taboleiro interior do centro ou ben a través da sede electrónica. A matrícula formalizarase do día 20 ao 30 de xuño .
Reserva praza no IESEnviado por admin o Ven, 17/02/2023 - 09:41Todas as solicitudes de reserva de praza no centro adscrito (IES CHAPELA) resultaron admitidas. Ordes do meco!! 2023Enviado por admin o Mér, 08/02/2023 - 09:10Aquí tedes as ordes do meco de febreiro de 2023. Recordade que o día 17 de febreiro faremos un pequeno desfile no colexio.
|