ABERTO PRAZO RESERVA DE PRAZA CURSO 2021-2022 EN CENTROS ADSCRITOS

Aberto o prazo  (11 de xaneiro ata o 8 de febrero) para a reserva de prazas nos centros de adscrición; neste caso, trátase de realizar a reserva para o alumnado de 6º EP e que continúe os seus estudos o curso 21/22 no IES MARTAGUISELA.

O alumnado que non vaia continuar os estudos de secundaria IES MARTAGUISELA,  non ten que entregar nada neste prazo.

PROCEDEMENTO:

Para poder facer a reserva existen dúas maneiras: 

  1. Por vía telemática, na aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación (seguindo a Ruta “Solicitudes-Reserva-Crear”). 
  2. Cubríndo a man (descargando o Anexo I que se achega a continuación). 

A solicitude de reserva deberase presentar no noso centro ou mediante SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, e sendo esta a canle preferible de presentación.

Poden consultar toda a información con respecto aos pasos a seguir, para realizar a reserva no Anexo II que segue.

Anexo I (pdf reserva vía manual)
Anexo II (pasos a seguir vía telemática).

Powered by Drupal - Design by artinet