.

Vía de comunicación con familias.

Neste curso imos traballar a materia de Ciencias da natureza mediante 6 temas nos que leremos, falaremos, realizaremos retos, visualizaremos vídeos, faremos fichas, experimentos, traballaremos co ordenador, imáxenes, contos, visitas e talleres...

Os temas nos que se divide este curso son os seguintes: 

1. Como somos? coñeceremos como é o noso corpo por fóra e por dentro, e como cambia ao longo da vida.

2. Coidámonos. Traballaremos a boa alimentación, o aseo, o deporte, o descanso, os hábitos saudables para evitar accidentes e enfermidades, e a expresión de emocións e sentimentos.

3. Descubrimos os seres vivos. Coñeceremos os diferentes tipos de animais que existen.

4. Os seres vivos na natureza. Seguiremos cos seres vivos, ás plantas e a súa importancia e analízaremos como encaixamos todos os seres vivos na natureza.

5. Facemos ciencia coa materia e a enerxía. Traballaremos contidos relacionados coa materia e coa enerxía

6. A toda máquina!!!! Investigar e aprender sobre as máquinas: a súa definición, a súa función, o seu funcionamento e a tipoloxía en función do número de pezas; as normas e os consellos para utilizalas...

Curso onde se compartirán recursos variados para incentivar a todos e todas os alumnos e alumnas a que utilicen o galego.