Skip to Content

Viaxe a Fonteo!

O pasado luns, 20 de xuño, os alumnos/as de 4º curso fomos de excursión ata o nacemento do río Eo.


O río Eo, nace en Fonteo, Baleira, na provincia de Lugo e desemboca no Mar Cantábrico, formando a ría de Ribadeo, entre Ribadeo(Galicia) e Castropol (Asturias). Atravesa as poboacións de A Pontenova, Ribeira de Piquín en Lugo e Abres e Vegadeo en Asturias.


Ese día saímos do colexio sobre as 10 en autobús e cando chegamos a Fonteo xa todos estábamos cansos porque a viaxe durara aproximadamente hora e media.


VISITA A FONTEO


Antes de ver a fonte, sentámonos arredor dunhas mesas de pedra que había alí para completar uns cadernos de traballo que nos deran as nosas profesoras sobre o río Eo. Cando por fin fomos ver a fonte a auga parecía cristalina porque se vía o fondo do río.


VISITA AO NACEMENTO DO RÍO EO


Volvemos coller o autobús e fomos visitar a Pontenova, pasamos por tres pontes cruzando o río Eo. Despois fomos ata Trabada, onde xantamos nunha área recreativa.


VISITA AO RÍO EO


A continuación visitamos unha pequena praia no río e xa por último fomos a ver a depuradora da auga que bebemos en Ribadeo, que está en Santa Cruz.


DEPURADORA DE RIBADEO


Pasámolo moi ben e aprendemos moito!


Clara Meijide García (4º B)


 




page | by Dr. Radut