Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Formalización de matrícula para o curso 2022/23

A formalización do proceso de matriculación para o curso 2022-23 comeza o día 20 e remata o 30 de xuño.

 

É PRECISO SOLICITAR CITA PREVIA 

·      Cubrindo o formulario reserva previa

·      Teléfono 886111087

·      Correo electrónico: ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal

 

Documentación a presentar

  • Dúas fotografías do alumno/a tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria
  • Fotocopia da Cartilla de Saúde Infantil

 

 

 

Listaxe definitiva de admitidas e admitidos curso 2022/23

 

Dende hoxe están expostos no taboleiro de anuncios do colexio o listado definitifo de alumnos e alumnas admitidos  para o curso 2022/23

Prazo para a formalización da matrícula20-30  de xuño.

No mes de Xuño publicaremos na web a relación de documentación a presentar así como se vai a levar a cabo o proceso

Concreción Curricular. Orde 25 xaneiro 2022

De acordo coa Disposición transitoria cuarta da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa relativa á avaliación e promoción en primaria, procedemos a publicar un documento no que se atopa  toda a información sobre a concreción curricular.

 

Radio escolar Garcibón

O centro participa no proxecto “Radio na biblio”, o cal posibilita a introdución da radio nas bibliotecas escolares e, por medio da cal, pretendemos que o  alumnado desenrole a súa competencia oral e comunicativa

O 13 de febreiro celebrouse o día Mundial da Radio, e como non, a radio escolar do CEIP Plurilingüe García Barbón quixo sumarse a celebración deste día emitindo o noso primeiro programa

Queremos agradecer a todo o equipo da radio, o esforzo realizado para sacar este programa e por transmitir a paixón por esta forma de comunicación

Esperamos que o disfrutedes! . Clica na imaxe

 

 

Enlace ao blog da biiblio, onde atoparedes toda a información sobre a radio e outras propostas e retos que se dinamizan dende a biblioteca

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut