Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Entrega de libros de texto Curso 2023-24

 

Os próximos días 6 e 7 de setembro en horario de 10:00 a 12:00poderedes pasar a recoller os libros en préstamo do Fondo de Libros.

 

Nesa mesma semana poderes recoller tamén en secretaría os vales que están aínda sen recoller. No caso dos vales lembrade que ten que vir a persoa solicitante ou enviar unha copia do DNI e unha autorización asinada co nome e DNI da persoa a que autoriza. 

 

 

Recordatorio para as familias de 4º de EI

O horario do alumnado de 4º de EI dos primeiros días é un horario adaptado para facer máis doada a súa incorporación a escola. Aquí tendes o recordatorio das quendas.

O venres día 8 teredes unha xornada moi especial na que poderedes acompañar as aulas aos vosos fillos e fillas.

 

Se aínda non tedes a quenda correspondente ou se precisades calquera aclaración non dubidedes en contactar co centro.

 

Benvidos e benvidas ao cole García Barbón! 

 

 

 

Aviso para o profesorado que tivo destino no centro no CADP

Prégase ao profesorado que obtivo destino neste centro na resolución definitiva do CADP, se poña en contacto co centro enviando un correo electrónico  a ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal

A nosa intención é realizar o día 1 de setembro un claustro de distribución horaria e organización do curso escolar.  Para convocarvos necesitamos as vosas contas de correo.

Moitas grazas

 

Semana STEAM no colexio

Ao longo do curso estivemos a traballar a competencia STEAM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas) en tódalas aulas, e coma colofón desde traballo celebramos a Semana Steam no cole García Barbón, unha oportunidade de compartir o aprendido con outros compañeiros e compañeiras. Pequenos e maiores aprendendo e ensinando: vermes móviles, plastilina conductiva, música con froitas… e moitas máis cousas que espertan no alumnado a curiosidade e o pensamento científico!

Estamos desexando repetilo!

 

Reunión inicial familias 4º Educación Infantil curso 2023-24

Convocamos ás familias de 4º de Educación Infantil, que se incorporan este ano ao centro, a unha reunión para tratar diferentes aspectos académicos, organizativos, planificación do inicio de curso, resolución de dúbidas,...

·    Día: 5 de xullo de 2023

·      Hora: 12:00

·      Lugar: Pavillón do centro

 

Formalización matrícula curso 2023-24

A formalización do proceso de matriculación para o curso 2022-23 comeza o día 20 e remata o 30 de xuño.

 

 

Documentación a presentar

  • Impreso de formalización da matrícula (documento)
  • Dúas fotografías do alumno/a tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria
  • Fotocopia da Cartilla de Saúde Infantil

 

 

 

Listado libros de texto e material escolar Curso 2023-24

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2023-24

INFANTIL

4º  EI

5º EI

6º EI

·    Libros de texto

     Material escolar

·    Libros de texto

   Material escolar

 

·    Libros de texto

   Material escolar

PRIMARIA

·    Libros de texto

·    Material escolar

·    Libros de texto

·    Material escolar

·    Libros de texto

·    Material escolar

·    Libros de texto

·    Material escolar

·  Libros de texto

·    Material escolar

· Libros de texto

·    Material escolar

Semana STEAM

Durante este ano estivemos a traballar nas aulas a metodoloxía STEAM (Science, Technology, Engineering, Art y Mathematics). Buscamos que o  alumnado aprenda mediante proxectos no que o traballo cooperativo resulta fundamental, fomentando a autonomía e toma de decisións ante as diferentes situacións plantexadas.

Durante a semana do 12 ao 16 de xuño, celebraremos unha semana Steam onde o alumnado ten programado diferentes obradoiros nos que coñecera os proxectos que levaron a cabo os seus compañeiros e compañeiras que serán os auténticos relatores e relatoras

Distribuir contido


by Dr. Radut