Skip to Content

NOVO PARQUE INFANTIL

Tralas obras realizadas ao longo do mes de agosto, este curso estreamos novo parque infantil. Agora os rapaces poden gozar dun auténtico circuíto ximnástico: barras de equilibrio, ponte oscilante, rodetes de equilibrio... e tamén casiña, tobogáns, cabaliños...

Grazas á dotación aportada pola consellería e á aportación dos socios da ANPA "A Barxa" puidemos converter o patio nun espacio lúdico e educativo! 

Recordamos ás familias que, para un mellor mantemento deste espazo, utilizarase unicamente en horario lectivo en presenza dos mestres ou cos monitores de actividades extraescolares. Agradecemos a colaboración de toda a comunidade educativa.

 



story | by Dr. Radut