try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

Blogues

BALONMÁN NO CEIP DO FOXO

00/00/

O xoves día 22 de setembro as nenas e nenos tiveron unha sesión de balonmán por parte dunha asociación deportiva que quere iniciar esta disciplina na Estrada. Sorte con este novo proxecto!!

CONCERTO TEQUEXETÉLDERE

00/00/

Para comezar ben o curso recibimos a visita da escola de música "TEQUEXETÉLDERE" que nos deleitou cun concerto do máis divertido.

AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2022-2023

00/00/

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada, pon en marcha AXUDAS ECONÓMICAS para gastos derivados de libros e material escolar para os alumnos de EDUCACIÓN INFANTIL e para o pago do comedor escolar (de setembro de 2022 a xuño de 2023, ambos incluídos) para o alumnado matriculado en Educación Infantil, Primaria e Secundaria. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello da Estrada ata o 9 de agosto de 2022.

Toda a información na páxina web do Concello da Estrada no seguinte enlace:

Concello da Estrada

Resumo da convocatoria e anexo para participar nos arquivos adxuntos.

LISTADO FONDO DE LIBROS E VALES PARA O CURSO 22-23

00/00/

Están publicadas as listaxes definitivas de reparto de libros do fondo e vales. Pódense consultar no taboleiro da entrada do Centro ou a través da aplicación FONDOLIBROS coa chave 365 na pestana CIDADÁN.

ENTREGA DE VALES PARA LIBROS DE 1º E 2º E PARA MATERIAL ESCOLAR DO 7 AO 12 DE XULLO, AMBOS INCLUÍDOS

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DE 3º, 4º E 6º PARA O CURSO 2022/23 AO INICIO DO CURSO ESCOLAR 2022/2023

LISTADO FONDO DE LIBROS E VALES PARA O CURSO 22-23

00/00/

Están publicadas as listaxes provisionais de reparto de libros do fondo e vales. Poden consultar o estado do seu expediente acudindo ao Centro, chamando ao teléfono 620255288 ou a través da sede electrónica coa chave 365.

RECLAMACIÓN Á PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL 5 E 6 DE XULLO

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS 7 DE XULLO

ENTREGA DE VALES PARA LIBROS DE 1º E 2º E PARA MATERIAL ESCOLAR DO 7 AO 12 DE XULLO, AMBOS INCLUÍDOS

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DE 3º, 4º E 6º PARA O CURSO 2022/23 AO INICIO DO CURSO ESCOLAR 2022/2023

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

00/00/

No arquivo adxunto pódense consultar os libros de texto para o curso 2022-2023

PRAZOS DE AXUDAS PARA PARTICIPAR NO FONDO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023

00/00/

No arquivo adxunto están as datas de participación no fondo de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022/2023 PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

00/00/

O prazo para presentar o documento de formalización de matrícula para o curso 2022/2023 é do 20 ao 30 de xuño, ambos incluidos, en horario  de 9.00 h. a 14.00 h.

No arquivo adxunto pódese descargar o ANEXO para a solicitude.

DINAMIZA TV

00/00/

Aquí temos o noticierio do noso Colexio correspondente ao proxecto organizado polo Concello da Estrada " DINAMIZA TV". 

EDUCACIÓN FÍSICA É VIDA

00/00/

Aquí podemos desfrutar do video conmemorativo do día da inauguración da Aula de Artes Plásticas e da presentación do Proxecto "Educación Física é vida" no pavillón.

 

Distribuir contido