bibliotecas

 

 

As familias tamén contan...

 As familias tamén contan...

     Como sabedes, desde o centro estamos intentando potenciar a lectura como ferramenta fundamental no desenvolvemento das capacidades do noso alumnado.

Para nós, sería importante contar coa vosa implicación nesta tarefa xa que as familias son o principal punto de apoio no proceso de ensinanza - aprendizaxe.

Este é un proxecto voluntario no que algún membro da vosa familia  (pai, nai, tío, avó, avoa, irmán...) viría a contarlle un conto aos nenos do colexio. Este conto pode ser de tradición oral ou outro conto que nos queirades ler.

 Podedes vir sós ou acompañadas/os, incluso membros de diferentes familias podedes facer un grupo para vir... non hai regras... vos decidides como o queredes facer.

O horario da actividade sería dentro do horario escolar pero nun  horario a convir coas familias.

 Resultado de imagen de dibujos para insertar padres leyendo un libro