bibliotecas

 

 

Blog da biblioteca

SAMAÍN: CEMITERIO LECTOR

No Fontes-Baiña montamos o noso propio cemiterio do terror...con libros e lecturas esquecidas....capaces de meter o medo no corpo!!!!!.....coma un berro na noite...uhhhhhh!!!!!....ademais aproveitamos para traer algunhas novidades terroríficas a nosa biblio........

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

Co gallo do día de Bibliotecas escolares aproveitamos para comezar a envíar as MOCHILAS VIAXEIRAS....desta van cargadiñas!!!!!!:  conto, cómic, poesía, música, Dvds, xogos, narrativa en galego, en castelán, en inglés, en francés....agardamos sexan do gusto da nosa rapazada!!!!! 

 

 

 

NOVIDADES EN FRANCÉS

Como ben sabedes nos cursos de  4º e 6º  de Educación Primaria contan ca materia de Lingua francesa de libre configuración e a biblioteca ademais de ofrecer materiais de lectura, informativos, dixitais tamén dispón de novidades para traballar as diferentes áreas que se imparten na escola.

Nestes días chegaron algunhas para francés. Agardamos sexan do agrado dos nosos nenos/as!!!!!.

 

 

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de Outubro é  DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e no cole celebrámolo na compaña do Moucho Moure e máis o Mouro Moure que nos fixeron viaxar a lonxanos bosques cheos de criaturas e animais marabillosos... na compaña dos nosos novos compañeiros do CPI Cova Terreña .....ademais tivemos a ocasión de desfrutar da CICLIBIBLIOTECA .....asegúrovos que foi unha xornada inesquecible!!!!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EXPURGO DOS FONDOS DA BIBLIOTECA

 

Neste curso 2019-20 estamos renovando os fondos da nosa biblioteca e retirando os materiais obsoletos xa que seguindo as instruccións de Bibliotecas Escolares de Galicia a colección debe respostar as necesidades actuais das persoas que as utilizan tanto a nivel lectura como a nivel informativo e cubrir ademais todas as áreas de aprendizaxe propias do noso centro educativo. 

VISITA SUSA HERRERA

O 23 de setembro visitou o noso cole: Susa Herrera para a presentación do seu novo libro " En Cabarceno se oye cantar" a verdade é que foi unha xornada ben divertida e musical....cantaron dende os máis cativos aos máis grandiños ....comezamos un novo curso na biblio do CEIP Fontes Baiña....o cal vén cardadiño de novidades....estade ben atentos/as!!!!! 
 
 
 
 
                
 
 
 

VERÁN

O NOVO EQUIPO DIRECTIVO
DESÉXALLES
UN BO VERÁN
CHEO DE LIBROS!