Proposta para a mellora no 2013

GUÍA DE INTERVENCIÓN PARA A MELLORA DOS RESULTADOS DA AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO.

0. ANÁLISE DE RESULTADOS
Os resultados obtidos polo Centro aproxímanse moito ao esperado. Non existiron grandes diferencias entre os resultados das dúas competencias avaliadas; a lingüística e a matemática. Os resultados dicen que o Centro, a nivel socioeconómico, sitúase na media dos colexios galegos, e dentro destos, e polos resultados obtidos, tamén se encontra na media en relación ao resto de centros avaliados.
Unha analise máis pormenorizada indícanos o seguinte:
- Competencia en comunicación lingüística:
Aínda que estamos ante uns resultados, máis ou menos, na liña do que agradábamos cumpre facer algunha puntualización:
a) Estamos mellor do esperado en cuanto á comprensión lectora
b) Na expresión escrita, onde estamos un pouco por debaixo da media, os resultados eran esperados, xa que estamos centrando moito a mellora na lectura.
c) En conclusión, temos que traballar para unha mellora global incidindo algo máis nas tarefas que desenvolven a expresión escrita.

- Competencia matemática:
Sorprendeunos os resultados en cálculo, por enriba da media. Non nos sorprendeu un resultado máis baixo en corpos e formas, xeometría, xa que somos conscientes de que as veces non prestamos a debida atención aos contidos desta parte da asignatura, porque nos centramos moito tanto no cálculo como na resolución de problemas.
a) Debemos traballar a resolución de problemas dende a aplicación práctica para a vida real, facendo que a aprendizaje sex amáis significativa para o alumnado.
b) Asi mesmo compre traballar a xeometría dende unha perspectiva práctica e real.

1. DIAGNÓSTICO DA SITUACIÓN: PUNTOS FORTES E DÉBILES
O Centro está no camiño de mudar a metodoloxía, de cara a adaptala ás aprendizaxes baseadas nas competencias básicas. Somos conscientes das dificultades xa que a formación do profesorado neste aspecto non atravesa polo seu momento, non obstante procuramos introducir novos plans e proxectos no que o desenvolvemento das competencias básicas sexan o eixo
transformador.
Para un mellor diagnóstico da situación incorporamos o seguinte cadro resumo

Competencia Puntos fortes Puntos débiles
Lingüística • A eficacia lectora mellorámola moito nos últimos anos, coa implantación do proxecto lector acompañado doutras medidas o Os indicativos sobre expresión escrita dicen que andamos por debaixo da media. Estamos nunha situación similar na expresión oral
Matemática • Os resultados en cálculo matemático son sorprendentemente mellares do agardado. o A xeometría convírtese nunha tarefa pendente
o A resolución de problemas precisa dun enfoque máis práctico e real.


2. PROPOSTA DE ACCIÓNS DE MELLORA

Competencia en comunicación lingüística
1) Estructurar un traballo por ciclos para a mellora da expresión escrita
2) Realizar anualmente probas de análise da situación en todos os niveis, tanto iniciais, continúas e finais do traballo desenvolto
3) Fomentar a utilización da biblioteca de aula como medida de apoio e reforzo da lectura.
4) Levar a cabo con frecuencia lecturas dramatizadas por parte do profesorado nun principio para logo continuar co alumnado.
Competencia matemática
1) Propoñer a aplicación de probas de mellora do cálculo mental
2) Realizar actividades puntuais como olimpiada matemática
3) Incidir na práctica diaria do uso e utilidade dos coñecementos de xeometría.
Comúns ás dúas competencias
1) Establecer programacións verticais e progresivas
2) Fomentar a participación do alumnado en concursos, certámenes, proxectos que dalgún xeito fomenten a iniciativa persoal e a creatividade.
3) Utilizar recursos das TICs por novedosos e motivantes para o alumnado
4) Incidir na aplicación práctica do traballado nas aulas
5) Informar ás familias das actividades realizadas para que poidan complementar este traballo na casa.
6) Animar as familias a participar e motivar aos seus fillos cara a participación non unicamente nas tarefas habituais.
7) Fomentar o diálogo e o debate nas aulas como medida para a mellora da expresividade e asertividade.
8) Incidir na aplicación práctica dos conceptos gramaticais, semánticos e morfológicos.


Todos estos indicativos se plasmarán na realización e aplicación anual de diferentes proxectos e plans coa finalidade da mellora da competencia global do alumnado deste Centro.



Última modificación: Xoves, 25 de Febreiro do 2016, 13:46