Curso 2007/2008
Actividades
Posted Xuño 27th, 2008 by amarcosEstas son algunhas das actividades realizadas neste último curso:
Adhesivo Calendario 2008
Revistas escolares:
V Certame de contos:
Quiosco de publicacións impresas e audiovisuais en galego
O noso "Maio Cultural 2008"
Outras actividades do equipo vimos conveniente aloxalas nun lugar máis visible, dentro da portada da nosa páxina web, así como na galería de imaxes:
Convivencia con Abelendo
O mar
UDIs, caza do tesouro...
Festival solidario coa Escola María Soliña da India
Actuacións teatrais, contacontos, Tanxarina...
Recomendacións
Posted Xuño 3rd, 2008 by amarcosAquí tedes as novas adquisicións da nosa bilbioteca:
MINIMALADAS: PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2007
Un insecto pau que se camuflaba entre as pólas dunha árbore. Un camaleón que non sabia cambiar de cor… Minimaladas son sesenta mini historias protagonizadas por animais con moita orixinalidade, imaxinación e beleza.
LUME:
Non hai moito tempo había un bosque vello e fermoso onde vivían moitos animais. Un día algo pasou que fixo ladrar ao can… “Unha lapa esfameada escapou dunha cachela… e vai cara ao carballo con ganas de facer lume e fume.”
PEIXES:
Entra de cheo no mundo da ciencia e deixa que os animais te leven a un mundo de descobrementos!
II FESTIVAL SOLIDARIO "ESCOLA MARÍA SOLIÑO" DA INDIA
Posted Xuño 1st, 2008 by amarcosSe picades AQUÍ poderedes ler o artigo que o Faro de Vigo publicou o 31 de maio sobre este festival, a foto coa que ilustran a noticia é da nosa actuación.
Tedes máis fotos sobre a nosa actuación no festival picando AQUÍ.
Convivencia co C.E.I.P. Abelendo
Posted Maio 17th, 2008 by amarcosXa podedes ver as fotos do día de convivencia co C.E.I.P. Abelendo, pica AQUÍ.
Seguro que o pasastes moi ben,
no 1º ciclo xogamos con globos, tamén con xogos de mesa, Valente (que é quen sabe máis do mar no colexio) explicounos toda a exposición.
No 2º e 3º Ciclo tamén nos divertimos moito: xogamos "A voltas coa cultura", buscamos os versos perdidos "A procura dos versos", ...
Se queredes seguir xogando "A voltas coa cultura" podedes picar AQUÍ.
Gustarianos coñecer as vosas opinións sobre esta xornada, para iso só tedes que enviarnos un comentario.
Xa podedes ver as fotos do Maio
Posted Maio 5th, 2008 by amarcosPara ver todo o proceso dos "Maios Humanos" que fixemos no colexio pica AQUÍ
30 de abril FESTA DOS MAIOS
Posted Abril 25th, 2008 by AnónimoE que ben o pasamos!!!
Queremos dar as grazas ao Sr. José "O ghaiterio do Piñeiro" e a Pepe "o Peixe" por ensinarnos costumes tan antigas e fermosas da nosa parroquia. Grazas amigos pola vosa labor e colaboración en todo momento co noso colexio.
Moi pronto poderedes ver todas as fotos dos Maios, con todo o seu proceso, dende a corta das xestas ata o final da festa...
Como información de actualidade poderedes ler o artigo que sobre a nosa festa publicou o FARO DE VIGO, pulsade AQUÍ
Saída ao teatro a Pontevedra
Posted Abril 9th, 2008 by AnónimoHoxe o alumnado de 2º e 3º ciclo mailos seus titores/as foron a Pontevedra para ver a obra de teatro "Grim,Grim" no Auditorio Caixanova.Aproveitaron a viaxe para facer unha visita guiada pola zona antiga da cidade.Ámbalas dúas actividades resultaron moi entretidas e interesantes.