Skip to Content

<<<un pouco sobre nós

Centro  situado no importante núcleo urbano da zona residencial e comercial da Praza de América, xunto aos edificios dos xulgados e facenda. Conta cunha superficie de  10.413 m2, con xornada continuada de 9 a 14 horas e cun total de 450 prazas.

 

O seu proxecto educativo salienta a promoción de cidadáns libres e solidarios facendo ao alumnado protagonista da súa propia educación. Xira ao redor dos valores da convivencia, a participación e a cooperación de todos os implicados para permitir os principios básicos da educación que promove a LOE :  calidade de educación para todo o alumnado, equidade que garante a igualdade de oportunidades e esforzo compartido por todas as persoas componentes da comunidade educativa. Valora que todo o alumnado desenvolva as  competencias básicas que o permitan encamiñar  cara ao logro dunha formación integral, tanto na súa vertente persoal coma nas demandas sociais e culturais para que faciliten a continuación dos estudos e, posteriormente, a inclusión na vida laboral, pero sempre coa asunción da necesidade de aprender ao longo de toda a vida.

 

Conta cun equipo de 29 profesores cunha gran capacidade de traballo, de afán de superación e involucrados no proceso de mellora da calidade de educación.

 

No aspecto de innovación educativa estanse a desenvolver os seguintes proxectos e plans anuais:  plan lector, plan TIC, plan de convivencia, plan de orientación e atención á diversidade, plan de autoprotección e seguridade, plan de adaptación do alumnado novo , proxecto de interteatro (intercambio escolar de teatro infantil), contrato programa ( Programa Proa )  e  Seccións Bilíngües . Nos últimos anos, participou en dous programas europeos, publica a revista escolar “CONTACTO CHOUZO” e conta con dous blogs creados dende os equipos de dinamización: http://chouzouno.blogspot.com/  e http://bibliotecadochouzo.blogspot.com/

 

As súas linguas vehiculares son o galego e o castelán, e impártese inglés dende os tres anos.

 

Pioneiros  en ofrecer servizos educativos complementarios oferta un total  de 220/230 prazas de comedor xestionado polo propio  centro  e subvencionado pola Xunta de Galicia. E coa colaboración da ANPA, oferta  dous obradoiros de 7.45 a 9.00 h. e de 14.00 a 15.15 horas. Tenta así unha visión da escola non só como transmisora de coñecementos senón tamén como formadora e coidadora do benestar de todo o alumnado.

 

Conta cunha biblioteca totalmente reformada no curso 2006/07  e dende o ano 2007 está incluída no plan  mellora de bibliotecas escolares da Consellería de Educación.

 

A ANPA colabora co centro na tarefa educativa e programa, ao comezo de cada curso escolar, un amplo cadro de actividades: futbiño, patinaxe, xadrez, etc. Organiza os obradoiros de xogos e os campamentos nos períodos vacacionais.

 

Centro aberto ao contorno, colabora coas iniciativas formativas locais que se propoñan a través dos diversos colectivos e organizacións: centros de formación, asociacións, sindicatos, etc.

 

EQUIPAMENTO E INSTALACIÓNS:

Comedor de 210 prazas en dúas quendas. Horario de 14:00 a 16:00

Biblioteca: dúas salas, servizo de préstamo.

Instalacións deportivas: ximnasio, pista polideportiva cuberta e pista descuberta.

Aulas:  dúas aulas multimedia,  aula de música, aula de informática e aula de apoio. Dispoñemos tamén de aula de psicomotricidade, audición e linguaxe, de pedagoxía terapeútica e departamento de orientación.

Dous patios cubertos, dous descubertos e xardíns.

Obradoiro de xogos (servizo de canguros). Horario de 7:45 a 9:00 horas e de 14:00 a 15:15 horas.

Organización de campamentos nos períodos vacacionais: Verán, Nadal, Semana Santa e Entroido e días laborais non lectivos.

 

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA:

Taller de xogos, danza moderna, expresión musical, futbiño, jumping clay, iudo, natación, patinaxe, pintura, taekwondo, teatro, ximnasia rítmica, predeporte, iniciación atlética, xadrez, old games.



story | by Dr. Radut