Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022.

       Estimadas familias:

       Publicamos varios PDFs relativos á admisión do alumnado para o curso 2021-2022:

        - Un PDF cos procesos, prazos e documentación necesaria.

        - Anexo I - ED550A (TANTO EN GALEGO COMO EN CASTELÁN): Soamente para o alumnado de 6º de Primaria que queira cursar a ESO  no IES Politécnico (prazo de reserva do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021). Publicación das vacantes antes do 1 de marzo.

        - Anexo II - ED550B: Para o alumnado novo que queira solicitar unha praza no noso centro (prazo de reserva do 1 ao 20 de marzo de 2021). As listaxes provisionais publicaránse antes do 25 de abril e as listaxes definitivas antes do 15 de maio.

         A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA NO NOSO CENTRO SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO (HAI QUE RECOLLER O SOBRE DE MATRÍCULA NA SECRETARÍA DO CENTRO).

        - Manual para as familias tanto para a admisión como para a reserva.

        - Lexislación relativa á admisión do alumnado:

        * DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

        * ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

        * ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

      Un cordial saúdo. O equipo directivo.

       

AdxuntoTamaño
Procesos, prazos e documentación.pdf205.14 KB
ANEXO I ED550A-G_2021_2022.pdf1.33 MB
ANEXO I ED550A-C_2021_2022.pdf1.33 MB
Anexo II.pdf275.87 KB
manual_familias_admision_v05.pdf175.06 KB
manual_familias_reserva.v.02.pdf153.81 KB
D. 254-2012 do 13 de decembro- Admisión do Alumnado.pdf593.29 KB
Orde do 12 de marzo de_2013 - Desenvolvemento Admisión.pdf1.03 MB
Orde do 25 de xaneiro de 2017- Modificación Desenvolvemento Admisión.pdf709 KB


noticia | by Dr. Radut