Novas

RESULTADO ENQUISA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 24-25. ANPA O CASTIÑEIRO.

09/07/2024 12:13
Europe/Madrid

Estamos a traballar co concello, o colexio e a resta do entorno escolar en mellorar os servizos de extraescolares!!

Moitas grazas pola vosa participación na enquisa que mandamos, sen iso non sería posible.

Podedes ver as necesidades das familias neste documento. É bonito ver o semellantes e distintas que somos!! En concreto, o obxectivo é que o curso que ven haxa:

  • Apoio á conciliación de 15:30-17:30 de luns a venres en tódalas idade.
  • Máis extraescolares de interese xeral, segundo os resultados da enquisa.
  • Sentar as bases para expandir a oferta de extraescolares de calidade de cara a cursos seguintes.

Non se pode prometer nada e probablemente estes servizos teñan un coste, pero agardamos estar representándoos ben con esta labor. E posible tamén que precisemos axuda. Queremos que se cubran as necesidades básicas e despois sumar máis actividades interesantes e de calidade.

Manterémosvos ó tanto e, se tedes algunha idea (ou queixa), podedes contactar coa ANPA no 624230206.

Se queres que haxa melloras significativas, apúntate ó ANPA. A inversión de esforzo e tempo necesario é menor do que pensas.Así que pregúntate: Que máis quero mellorar?

ENQUISA DA ANPA O CASTIÑEIRO.

Ola!
Cres que o deseño das actividades extraescolares non está adaptado ás túas necesidades?
 
Varias familias compartiron coa ANPA as súa preocupación de que o deseño do calendario complicáballes conciliar e tamén que a oferta non era xeralmente moi diversa. O papel do ANPA é precisamente entender e trasladar as necesidades das familias do CEIP Eladia Mariño, pero para iso temos que entendelas ben. Así que fixemos unha enquisa. Podedes enchela aquí: https://forms.gle/7mVvbTedc81EZsfj7

Pensade qué necesitades e poñédeo na enquisa. Sinxelo e rápido.

Unha vez chea por tódalas familias, traballaremos para que se faga realidade. Veremos qué se logra. Como cada ano, estanse a organizar as actividades extraexcolares do curso que ven, polo que agora é o momento de falar do que precisamos.

Se queres colaborar con iniciativas coma esta para dar voz e accionabilidade ás necesidades dos nenos/as e das familias do Eladia Mariño, apúntate aquí ó ANPA: https://forms.gle/g3wMfgv8HDL2nnNc6

Asemblea xeral extraordinaria

20/09/2023 20:20
Europe/Madrid
O vindeiro venres 22 de setembro do 2023 ás 17:30h en primeira convocatoria, e 18:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
 
1. Benvida a novas familias.
2. Como asociarse e/ou como participar.
3. Recorte da vacante de educación infantil, actuacións executadas e próximas actuacións.
 
Para calquera información, dúbida ou aclaración, as familias poden contactar coa ANPA a través do teléfono 624. 230. 206 ou email: anpa.o.castineiro@gmail.com

Patio soñado!

22/08/2023 09:36
Europe/Madrid

Ola familias!

este curso rematado puidemos seguir acadando obxectivos nos nosos patios grazas ao financiamento da Deputación de A Coruña. (importe concedido 1937,77 € coeficiente 0,8000)
Este curso toca revisar o plan de acción no que levamos traballando xa tres anos, e nos gustaría contar con a vosa opinión.
Anímate a seguir soñando o patio!!!
Distribuir contido