DÍA DO PEÓN E INTERCAMBIO CO COLEXIO DA CAPELA

03/12/2023 12:56
Europe/Madrid

Xunto coa celebración do Magosto con todas as familias, este día tamén se celebrou no colexio o Día do Peón, onde o alumnado elaborou os seus peóns e bailaretes para intercambiar logo entre o alumnado do centro e tamén co CEIP Pluringüe Mosteiro de Caaveiro, o cole do Concello da Capela.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos e da que disfrutamos moito.

Xa sabedes que como di o dito: Polo San Martiño, Peóns ao camiño!

 

 

LECTURA E FAMILIAS: O APALPADOR E A NENA SEN MEDO. Contacontos con monicreques para o Nadal. ANPA O CASTIÑEIRO.

13/12/2023 01:06
Europe/Madrid

O xoves da próxima semana, como remate de trimestre, estará no noso cole A Xanela do Maxín co seu contacontos "O Apalapador e a nena sen medo":  https://axaneladomaxin.com/espectaculos/o-apalpador-e-a-nena-sen-medo/

A entrada é de balde, pero cun aforo limitado, polo que as persoas interesadas podedes inscribirvos no correo: anpa.o.castineiro@gmail.com

Nota informativa. REVISIÓNS BUCODENTAIS. CONCELLO DE CABANAS.

13/12/2023 00:44
Europe/Madrid

Nota informativa. BONO DEPORTE XUNTA DE GALICIA. CONCELLO DE CABANAS.

13/12/2023 00:41
Europe/Madrid

NADAL SOLIDARIO 2023. ACTIVIDADES PROGRAMADAS.

12/12/2023 10:47
Europe/Madrid

Este Nadal queremos aportar o noso gran de area dende o centro e queremos facelo colaborando coa ASOCIACIÓN COMETA, organización sen ánimo de lucro que dende o 2004 fai un traballo incansable polo benestar dos animais da zona de Narón e arredores. O seu obxectivo principal é protexer e cuidar aos animais que se abandoan, maltratados ou que se atopan en situación de risco.

Deixamos a continuación a forma de participar dende o centro.

 

Tamén vos deixamos a programación do centro para este días.

 

 

ELABORA O TEU ADORNO PARA A ÁRBORE DE NADAL

05/12/2023 17:58
Europe/Madrid

Achéganse a época de Nadal, e como en anteriores anos, precisamos a vosa colaboración para poñer a árbore do centro ben bonita.

A continuación deixamos cal será o motivo decorativo deste curso.

Estes días de ponte poden ser uns días perfectos para elaborar en familia o voso adorno.

A disfrutar creando!

MAGOSTO 2023

03/12/2023 19:05
Europe/Madrid

O pasado 10 de novembro poidemos desfrutar da celebración do Magosto no colexio.

Pese a que o tempo non nos permitiu facer esta celebración ao aire libre, poidemos vivir este día tan especial coas nosas familias.

Degustamos as castañas, gozamos coa actuación de "Chuches a mil" e rematamos o día facendo andar os nosos peóns e bailaretes que intercambiamos co CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela).

Non podemos esquecer a presenza das Mulleres Rurais de Cabanas, que nos achegaron ao centro a súa exhibición de elaboración de bonecas e flores a partires da folla do millo, o posto de venta para a autofinanciación do Proxecto Lóva do alumnado de 5º de EP e a exposición "Enraizadas", que continuou durante uns días no centro.

Grazas aos castañeiros por ano tras ano achegarse ao centro para facernos as castañas tan sabedoras da nosa festa do Magosto.

E grazas a todas as familias que desfutáchedes deste día connosco.

 

 

SAMAÍN 2023

16/11/2023 14:42
Europe/Madrid

Podedes disfrutar a continuación dun resumo das actividades do Samaín no Eladia Mariño neste curso 23-24.

 

Desexamos que disfrutes con este terrorífico vídeo.

 

 
Distribuir contido