Materiais curso 2022/2023

Bo día familias:

Deixamos publicado oficialmente o listado de material para o curso 22/23 así como os libros de texto para 1º, 2º e 3º de Primaria. 

Será entregado no centro nos primeiros días de cole, de forma progresiva.

Moitas grazas.

 

COLABORADORAS/ES DE COMEDOR

BO DÍA:
DENDE HOXE TAMÉN PODEN SOLICITAR A COLABORACIÓN NO COMEDOR AS PERSOAS EX COLABORADORAS OU FAMILIARES INDIRECTOS DO ALUMNADO.
TERANSE EN CONTA AS SOLICITUDES POR ORDE DE PRESENTACIÓN.
PODEDES PRESENTALAS A TRAVÉS DO CORREO DO CENTRO OU NA SECRETARÍA EN HORARIO DE 10 A 14 ATA O 15 DE XULLO E DO 1 A O 7 DE SETEMBRO.

GRAZAS.

COLABORADORAS/ES COMEDOR CURSO 22-23

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTROCEIP PLURILINGÜE ELADIA MARIÑO, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O curso 2022-2023.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2022-203, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto dende o 1 ata o 15 de xullo e dende o 1 de setembro  ata o  8 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

CABANAS, 1 de XULLO de 2022

A directora do centro

SOLICITUDE PARA USUARIOS/AS DE COMEDOR

BO DÍA:

XA PODEDES ACCEDER Á DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITAR A PRAZA DE COMEDOR PARA O ALUMNADO NO CURSO 22-23.

PODEDES PRESENTALA A TRAVÉS DO CORREO DO CENTRO OU NA SECRETARÍA NOS SEGUINTES PRAZOS:

- DO 1 AO 15 DE XULLO.

- DO 1 AO 7 DE SETEMBRO.

ACCESO Á DOCUMENTACIÓN NOS ANEXOS.

 

 

GRAZAS!

Porfolio das linguas

GuiñoXA PODEDES ACCEDER AO DOCUMENTO DAS ACTIVIDADES DO PORFOLIO DAS LINGUAS POR CURSOS. CLICADE NO DOCUMENTO ADXUNTOGuiño

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO ESCOLAR 2022-2023 E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

 

Informamos de que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión, no noso centro, para o curso escolar 2022/2023, está admitido.

Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2022

Dentro do plazo establecido deberá presentarse a seguinte documentación:

- Impreso de matrícula:

- Informe médico-sanitario (segundo a lexislación, no informe médico do alumando deberá constar: que non padece enfermidade infectocontaxiosa, o seu estado inmunitario, se existe ou non deficiencias visuais e auditivas, así como, se precede, as medidas que habería que tomar no caso de que o/a alumno/a padecese algunha enfermidade ou limitación distinta das reseñadas anteriormente).

- Fotocopia da cartilla sanitaria.

- Tres fotografías tamaño carnet.

- Elección do ensino de Relixión ou Atención Educativa.

- Elección de Lingua (Inglés-Francés).

- Cuestionario sobre a lingua materna (SO PARA O ALUMNADO DE 4º EI)

- Autodeclaración para o uso de comedor escolar, se é o caso (ESTÁ PENDENTE DE PUBLICACIÓN).

- Elección da parada escolar, se é o caso.

 

Calquera dúbida, consultádenos. ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal ou 981431848.

 

Un saúdo.

 

FONDO LIBROS

ESTIMADAS FAMILIAS:

A SOLICITUDE PARA PRESENTAR A AXUDA DE FONDO LIBROS REMATA O 22 DE XUÑO.

AQUÍ DEIXAMPOS A CALENDARIZACIÓN DAS DIFERENTES LISTAXES:

4 XULLO: LISTAXE PROVISIONAL.

5 E 6 DE XULLO: PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS.

8 DE XULLO: LISTAXES DEFINITIVAS.

A DATA LÍMITE PARA A DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DESTE CURSO É O 22 DE XUÑO DE .

 

ACTUACIÓN LÓVA

RisaA NOSA COMPAÑÍA BAKUDEKU TEN O PRACER DE ANUNCIAR A SÚA PRÓXIMA ACTUACIÓN.

PODEDES VER O CARTEL QUE FIXERON ELAS/ES MESMOS NO ARQUIVO ADXUNTO.Risa

 

MENÚ DE XUÑO

GuiñoXA TEDES DISPOÑIBLE O MENÚ DE XUÑO.

ESTADE ATENTAS/OS PORQUE HAI VARIOS DÍAS ESPECIAISGuiño

Obradoiros Cabanas Mar

GuayA VINDEIRA SEMANA NO NOSO CENTRO LEVARANSE A CABO UNHA SERIE DE ACTIVIDADES E OBRADOIROS TANTO NAS AULAS COMA NA NOSA CONTORNA, DENTRO DO PROXECTO MUNICIPAL "CABANAS MAR".

PODEDES ACCEDER A INFO NOS DOCUMENTOS ANEXOS.

ENVIAREMOS AUTORIZACIÓNS O LUNS XA QUE OS DESPRAZAMENTOS SON EN AUTOBÚS.Guay

Distribuir contido