ACTIVIDADES 30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

25/01/2024 19:26
Europe/Madrid

"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño"

 - Mahatma Ghandi -

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro.

E nese Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas. (Texto da páxina de UNICEF).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademáis do cartaz informativo das actividades deste día, deixamos o baile que todas as nenas e nenos do centro están a preparar na materia de música, por se queren dende os fogares seguir ensaiando o baile, onde as familias tamén podedes ser partícipes.