SEMANA DA PRENSA NO ELADIA MARIÑO

07/03/2023 19:47
Europe/Madrid

Do 6 ao 10 de marzo celébrase a SEMANA DA PRENSA no colexio.

Dende a Biblioteca Escolar temos unha gran variedades de actividades preparadas para estes días.

A semana da Prensa na escola axuda aos alumnos a comprender o universo da prensa. Favorece o exercicio da lectura comparada das informacións e desenvolve o espírito crítico.

Tamén se contribúe ao reforzo da lectura e da escritura.

 

O mesmo tempo, ao largo da semana, trátase de mostrar a gran variedade dos medios de información: prensa escrita, cotiá ou revistas, estacións de radio públicas ou privadas, canles de televisión nacionais ou rexionais, novas redes de información e a prensa realizada polas crianzas.

 

Animámosvos a que vos pasedes polo blogue da nosa Biblioteca Escolar para ver todo o que temos preparado, e facerlle unha visita á nosa mascota Libroucho.

 

PREMEDE NA IMAXE PARA VISITAR O BLOGUE DE LIBROUCHO.