INICIO CURSO ESCOLAR 2020-2021

Estimados pais/nais:

Iniciamos este curso coa ilusión do reencontro cos nosos nenos e nenas, pero tamén con incerteza ante as medidas a tomar neste escenario que nos tocou vivir.

Sabemos e entendemos, tamén, a vosa preocupación por este inicio de curso.

No colexio, estamos ultimando o protocolo de actuación para poder dálo a coñecer, canto antes, á Comunidade Educativa. En canto estea listo, o publicaremos, e faremos un resumo dos puntos máis importantes das medidas obrigatorias de prevención e seguridade que debemos cumprir para defendernos entre tod@s.

Estade atentos á páxina web, e tamén ao TokApp, xa que seguimos en contacto,

Un saúdo,

As mestras e mestres do cole.

 

 

 

Un saúdo...