AXUDAS FAMILIAS USUARIAS COMEDOR ESCOLAR.

 Mediante a orde do 27/03/2020 a Xunta ven de sacar unhas axudas para compensar os gastos destes 20  días ás familias beneficiarias do comedor escolar que máis o necesitan.(Axudas de ata 2,50 por día lectivo).(Para usuarios gratuitos e de pago de 1 euro)

As axudas deben tramitarse  na sede electrónica  da Xunta  https://sede.xunta.gal    onde haberá que indicar NOME,DNI e NÚMERO DE CONTA.Identificaranse mediante Certificado Dixital ou chave 365

O nome de procedemento para as axudas será ED601B(Axuda Extraordinaria Comedores Escolares)

O prazo é ata o 6 de abril.(Incluído)

Para calquera dúbida, ou dificultades a hora de tramitar dita axuda, podedes escribir tamén ao correo do Centro ceip.doutor.suarez@edu.xunta.es indicando tamén Nome ,DNI,Teléfono e Número de Conta.

 

Fornelos de Montes 30 de marzo de 2020.

SEGUNDA AVALIACIÓN.

A segunda avaliación dará remate o vindeiro venres 3 de abril,coa entrada da Semana Santa.

A avaliación do alumnado farase con todo o material obtido ata o 13 de marzo, día en que se suspenderon as clases presenciais.

O día 3 de abril publicaranse as cualificacións.

Deberá estar descargada a aplicación abalar móvil  no teléfono para poder velas.

Calquera dúbida,como é habitual, poderedes escribir a ceip.doutor.suarez@edu.xunta.es.

Moito ánimo a todos/as.

 

BLOGUES POR ÁREAS

Bo día,

Felicidades a todos os pais do CEIP Doutor Suárez!! e por suposto tamén a todos os Josés e Josefas!! 

Esperamos que celebredes o día o mellor posible.

 

Para os nenos e nenas: recordade que os mestres están colgando nos seus blogues actividades moi atractivas para así non caer no aburrimento: cancións, retos, xogos etc.

 

Aos blogues podedes acceder dende a marxe dereita da páxina premendo encima do título.

Pedímosvos que o fagades a miúdo xa que os imos actualizando con novas actividades e retos.

 

Esperamos que vos gusten e que vos fagan máis amenos estes días tan diferentes para tod@s.

 

Vemonos pronto,

 

Moito ánimo familias!!

Distribuir contido