PLAN DE CONTINXENCIA

No seguinte apartado atoparemos como procederemos no caso de atopar un abrocho causado pola COVID 19. 

INICIO CURSO 20/21.

Ante as inquedanzas e o medo que temos e  tendes moitas familias diante deste curso tan especial que vai comezar este xoves:

Achegamos algunhas pautas xerais de inicio de curso  que poderían cambiar diante das circunstancias especiais polas que pasamos.

 

Inicio do curso:     Día 10  4º/5º Infantil     1º/2º/3º Primaria.

                            Día 11  6º Infantil          4º/5º/6º Primaria.

 

Antes de chegar ao cole as familias deben facer unha autoenquisa e comprobar se o neno/a ten alguns destes síntomas: Febre, tos seca,cansanzo e dor muscular, falta de olfacto ou gusto, Diarrea.

En caso dalgún destes síntomas compatibles co covid o alumno/a non debe vir ao colexio.(Anexo I)

Ao chegar ao Centro  o alumnado debe traer dúas mascarillas( unha de reposto metida nun estoxo ou similar)

O alumnado non transportado deberá aproximar a súa hora ás 10.00. As familias non entrarán no Centro, agás os máis pequeniños de 3 anos.Infantil entrará polo patio de piche.

Deberase minimizar a presenza no Centro de persoas, polo que antes  de acudir pedirase cita por teléfono..

A organización Xeral do Centro será por grupos estables que socializarán entre si. Os grupos estables de Convivencia terán espazo diferenciado no Centro , e gardarán a distancia de seguridade cos outros grupos na xornada diaria.

Distribuir contido