.TERCEIRA AVALIACIÓN. ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS

Estimadas familias:

Confirmar que a terceira avaliación terá un caracter de repaso,recuperación e reforzo polo que non se avanzarán nos contidos do temario.

As tarefas a realizar subiranse nos blogues, como ata agora, polo que é necesario que o alumnado entre neles. Alí estarán as tarefas que deberedes realizar e reenviar aos titores, polo método que eles vos indiquen.

Tamén informarvos que se precisades imprimir algo, o Concello habilitou o correo rexistro@fornelos.com ao que podedes enviarlle os arquivos, co voso nome e dirección, que eles se encargarán de acercárvolos a casa.

Calquera incidencia,dificultade de acceso aos blogues , problemas de conexión dixital ....podedes escribir ao correo do Centro ceip.doutor.suarez@edu.xunta.es ou comunicarllo aos titores para intentar resolver a situación.

Moito ánimo que xa queda menos!!

Fornelos de Montes,21 abril 2020

AVISO

Este mércores,día 15, presumiblemente, haberá reunión da mesa sectorial de Educación na que se ditarán medidas concretas de actuación para este terceiro trimestre.

Ata ese intre ,o profesorado seguirá subindo actividades e recomendacións nos blogues do Centro, como se fixo ata agora.

Un saúdo e moito ánimo!!!!.

 

Fornelos de Montes, 13 de abril de 2020.

AVISO.Axudas Comedor.

Últimos días para solicitude de axudas de Comedor para usuarios gratuítos e semigratuítos(Ata1 euro) como compensación por estas semanas sen Comedor Escolar.

Tramitar en liña na sede da Xunta de Galicia accedendo coa chave 365 ou certificado electrónico ou , en caso de non ser posible, enviar os datos do usuario (nome,dni,número de conta)ao correo do centro ceip.doutor.suarez@edu.xunta.es.

Luns 6 será o último día.

 

Fornelos de Montes, 3 de abril de 2020

Distribuir contido