T.I.C.
INFORMACIÓN PROXECTO EDIXGAL
Enviado por admin o Xov, 07/09/2023 - 09:07O noso centro forma parte do Proxecto Edixgal nos cursos de 5º e 6º de Ed. Primaria. Por iso, o alumnado e profesorado traballan con ferramentas dixitais e coa plataforma EVA, unha Aula Virtual na que se recollen os materiais didácticos dispoñibles para o traballo en cada momento das aulas. Cada alumno/a terá á súa disposición un ordenador ultraportátil que poderá empregar tanto dentro como fóra da aula previa sinatura dunha cesión de uso. Ante dúbidas que xorden especialmente neste último punto, achégase información sobre este proxecto e o uso destas ferramentas no adxunto.
BO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS
Enviado por admin o Ven, 12/02/2021 - 13:39Dende o SPAD de Vilagarcía de Arousa, servizo que xa ven colaborando dende hai moitos anos en diferentes actividades co alumnado do noso centro, achegan unhas pautas de Bo uso das tecnoloxías nun contexto cada vez máis mediatizado e que require, nalgúns dos casos, a intervención de toda a comunidade educativa, familias, centro...
IDENTIFICARSE NA AULA VIRTUAL
Enviado por admin o Sáb, 18/04/2020 - 20:34Durante a próxima semana o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria deberase identificar na Aula Virtual do centro. Para iso, dende a plataforma Abalar achegarse un nome de usuario e contrasinal provisional que deberá ser cambiada a primeira vez que accedades á Aula Virtual. A continuación podedes consultar o titorial para ver como é este proceso.