SOLICITUDES PARA USO DE TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2022/2023

 

 

 

SOLICITUDES DE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O VINDEIRO CURSO 2022/2023

 

Como xa se avisou por Abalar aqueles que solicitaron o uso destes servizos o curso actual xa non teñen que presentar  as solicitudes para o vindeiro curso.

Só tedes que presentar o Anexo de Autodeclaración aqueles que solicitades Comedor (o podedes descargar no aviso de abaixo).

 

Se alguén non fixo uso destes servizos o curso pasado e quero solicitalos para o vindeiro pode descargar os impresos pinchando nos documentos adxuntos.

 

                        

INFORMACIÓN RELACIONADA CO TRANSPORTE ESCOLAR:

*Será usuario lexítimo o alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio superior a 2 km. Acórdense de comprobar a distancia xa que a teñen que especificar na solicitude.

*Poderase autorizar o uso do servizo de transporte ao alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km. sempre e cando queden prazas vacantes no autobús concreto.

*Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio (a excepción dos enviados pola Comisión de Escolarización) pero poderase autorizar se aínda quedan prazas vacantes no autobús concreto.

Estas autorizacións serán unicamente para o curso 2022/2023 e perderán dita praza si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

 

INFORMACIÓN RELACIONADA CO COMEDOR ESCOLAR:

*O alumnado de novo ingreso que sexa de fóra da zona de influencia do centro non ten dereito ao uso do comedor escolar. Poderase autorizar o seu uso se hai prazas dispoñibles, pero terase que aboar a cantidade correspondente por día de servizo. Esta praza pode perderse si se precisa para un alumno/a con dereito preferente á mesma.

*Terán dereito a este servizo os de novo ingreso que teñan algún irmán xa escolarizado con carácter forzoso no centro.

AUTODECLARACIÓN COMEDOR ESCOLAR

ANEXO II A CUBRIR PARA OS SOLICITANTES DE COMEDOR

Informamos que xa se publicaron as instruccións de comedor para o vindeiro curso e por tanto podedes descargar e cubrir o impreso para entregar no colexio o antes posible.

Non terá que cubrir este impreso o alumnado de novo ingreso que non pertence á zona de influencia do colexio, xa que lle corresponderá aboar a cantidade de 4,50€ por día que faga uso do comedor.

ACLARACIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO II DE AUTODECLARACIÓN

 

*APARTADO A) RENDA NETA IRPF 2021

Para determinar a renda anual familiar do ano 2021 hai que ter en conta os ingresos obtidos por todas as persoas da unidade familiar, segundo o seguinte:

-Os membros da unidade familiar que fagan declaración da renda teñen que facer o seguinte cálculo:

casilla 435 + casilla 460 - casilla 595

-Os que non teñan obriga de presentar a declaración terán que realizar o seguinte cálculo tendo en conta os seus datos fiscais:

Retribucións + Intereses – cotizacións seguridade social – retencións do traballo – retención do capital mobiliario

-A cantidade final a ter en conta será a suma dos cálculos realizados por cada membro da unidade familiar, menos nos casos de declaración conxunta.

 

*APARTADO B) MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

Terase en conta a unidade familiar (segundo a situación existente a 31 de decembro de 2021) definida na normativa do imposto da renda das persoas físicas:

-No caso de matrimonio a unidade familiar estará integrada por:

*Os cónxuxes.

*Os fillos menores de idade, con excepción dos que vivan independentes.

*Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade.

-En ausencia de matrimonio ou en casos de separación legal a unidade familiar estará integrada por:

*Pai ou nai

*A totalidade dos fillos (menores de idade e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente) que convivan co pai ou coa nai.

-Nas parellas de feito e casos de separación ou divorcio con custodia compartida só un dos membros (pai ou nai) formará parte da unidade familiar.

 

*APARTADO C) RENDA PER CÁPITA FAMILIAR: hai que dividir a cantidade total obtida no apartado A) entre o número de membros da unidade familiar.

Aos efectos de facilitar ás familias o cálculo incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería, dispoñible a través do link  https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

*APARTADO D) AUTODECLARACIÓN: hai que marcar o tipo de aboamento que corresponda tendo en conta a renda per cápita familiar e o número de fillos menores en idade escolar.

NOVO PROTOCOLO COVID

PROTOCOLO COVID ACTUALIZADO

Podedes acceder ao novo protocolo facendo clic AQUÍ

Kahoot "Día das Letras Galegas 2022"

(Clic na imaxe para acceder ao Kahoot)

 

 

Addenda para a adaptación da concreción curricular seguindo a nova normativa educativa

 

Actualización dos criterios de avaliación e promoción do centro, segundo a disposición cuarta/ punto 2 da ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia. CLICA NO ENLACE

COÑECE O NOSO CENTRO (MATRÍCULA CURSO 22-23)

COÑECE O NOSO CENTRO

 

Este ano  debido aos protocolos COVID non celebraremos xornada de portas abertas, aquí podedes ver un vídeo con información sobre o noso centro.

Tamén podedes poñervos en contacto con nós en calquera destos teléfonos ou pasarvos por aquí se tedes algunha dúbida en concreto e preferides falar connosco en horario de dirección de 09:00 a 10:00 ou de secretaría de 11:00 a 11:40 da mañá.

Grazas e un saúdo!

Agardámosvos

BENVIDOS AO NOSO COLE

SOLICITUDES PARA MÁSCARAS

SOLICITUDES PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

Informamos que saíu publicada a Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG do 12 de novembro de 2021) pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en EP, ESO e EE en centros docentes públicos e en centros privados concertados no curso 2021-22.

 

NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE

· Será beneficiario directo das máscaras o alumnado que recibiu o vale de 50 € para a adquisición de material escolar no presente curso.

·  Polo tanto agora xa non teñen que presentar ningunha solicitude.

 

PODERÁ PRESENTAR SOLICITUDE

· Poderá entregar solicitude para as máscaras o alumnado que no seu momento non solicitou a axuda para material escolar e que a renda per cápita (segundo o exercicio fiscal do ano 2019) sexa igual ou inferior a 6.000€.

· Terán que cubrir o impreso que lle facilitaremos no colexio aos que no lo soliciten telefonicamente.

· Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean no mesmo centro para o curso 2021/22.

·As solicitudes serán asinadas polo pai, nai e resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda, excepto nos casos de separación ou divorcio, nos que asinará o proxenitor que teña a custodia do menor. Nos casos de custodia compartida asinarán os dous proxenitores.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

· Presentaranse presencialmente no colexio en horario de secretaría (10:50h a 11:40h)

·A solicitude virá acompañada da Copia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.

·No caso de non ter libro de familia ou cando a situación familiar, a 31 de decembro de 2019, non coincida coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación acreditativa do número de membros da unidade familiar, tales como:

-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

· Prazo de presentación: Ata o 26 de novembro de 2021

 

ENTREGA DE MÁSCARAS

· Unha vez rematado o proceso de entrega de solicitudes informaráselles do procedemento a seguir polo colexio para a distribución das máscaras.

CALENDARIO ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

NO ADXUNTO PODEDES VER AS DATAS DO PROCESO DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR, O CENSO ELECTORAL E AS CADIDATURAS PARA O SECTOR PAIS/NAIS.

AVISO IMPORTANTE!

 

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a renovación de postos no Consello Escolar o número de candidatos é o mesmo que o número de prazas vacantes polo que non é necesario seguir co proceso de eleccións quedando deste xeito cancelada a xornada de votacións do día 23 de novembro e proclamando como candidatos electos as persoas presentadas.

 

Atios, 22 de novembro de 2021

 

O Director,

 

 

 

Asdo.: Roberto Devesa Fernández

Renovación de parte do Consello Escolar

De acordo coa RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN:
¿Establecer o novo calendario para a elección dos representantes de familias e profesorado.
- CALENDARIO DE ELECCIÓNS:
-A Xunta Electoral establecerá o calendario
-A Xunta Electoral constituirase entre o 3 e o 5 de novembro.
-O prazo de admisión de candidatas/os non deberá ser inferior a 7 días naturais
-Votacións: Entre os días 22 e 26 de novembro de 2021.
- MEMBROS A RENOVAR:
-Familias: 3 por un periodo de 3 anos
-Profesorado: 3 por un periodo de 3 anos
É importante que haxa membros suplentes para que (no caso de baixas) estén todos os sectores representados de acordó coa normativa.
 - SORTEO DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL:
-O MÉRCORES 3 DE NOVEMBRO DE 2021 ÁS 12:00 HORAS NA SECRETARÍA DO CENTRO.
-SERÁ PÚBLICO CONTANDO CUN MEMBRO DE CADA SECTOR A RENOVAR.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer