BENVIDOS A PÁXINA WEB DO CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS!!!

 

 

 

CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS ( O Porriño )

Covelo s/n - CP - 36418

Tlfnos. 886110483

                886110484  

 Fax.      886110485

E-mail: ceip.atios@edu.xunta.es

36018422

 

 

SOLICITUDES PARA MÁSCARAS

SOLICITUDES PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

Informamos que saíu publicada a Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG do 12 de novembro de 2021) pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en EP, ESO e EE en centros docentes públicos e en centros privados concertados no curso 2021-22.

 

NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE

· Será beneficiario directo das máscaras o alumnado que recibiu o vale de 50 € para a adquisición de material escolar no presente curso.

·  Polo tanto agora xa non teñen que presentar ningunha solicitude.

 

PODERÁ PRESENTAR SOLICITUDE

· Poderá entregar solicitude para as máscaras o alumnado que no seu momento non solicitou a axuda para material escolar e que a renda per cápita (segundo o exercicio fiscal do ano 2019) sexa igual ou inferior a 6.000€.

· Terán que cubrir o impreso que lle facilitaremos no colexio aos que no lo soliciten telefonicamente.

· Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean no mesmo centro para o curso 2021/22.

·As solicitudes serán asinadas polo pai, nai e resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda, excepto nos casos de separación ou divorcio, nos que asinará o proxenitor que teña a custodia do menor. Nos casos de custodia compartida asinarán os dous proxenitores.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

· Presentaranse presencialmente no colexio en horario de secretaría (10:50h a 11:40h)

·A solicitude virá acompañada da Copia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.

·No caso de non ter libro de familia ou cando a situación familiar, a 31 de decembro de 2019, non coincida coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación acreditativa do número de membros da unidade familiar, tales como:

-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

· Prazo de presentación: Ata o 26 de novembro de 2021

 

ENTREGA DE MÁSCARAS

· Unha vez rematado o proceso de entrega de solicitudes informaráselles do procedemento a seguir polo colexio para a distribución das máscaras.

CALENDARIO ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

NO ADXUNTO PODEDES VER AS DATAS DO PROCESO DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR, O CENSO ELECTORAL E AS CADIDATURAS PARA O SECTOR PAIS/NAIS.

AVISO IMPORTANTE!

 

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a renovación de postos no Consello Escolar o número de candidatos é o mesmo que o número de prazas vacantes polo que non é necesario seguir co proceso de eleccións quedando deste xeito cancelada a xornada de votacións do día 23 de novembro e proclamando como candidatos electos as persoas presentadas.

 

Atios, 22 de novembro de 2021

 

O Director,

 

 

 

Asdo.: Roberto Devesa Fernández

Renovación de parte do Consello Escolar

De acordo coa RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN:
¿Establecer o novo calendario para a elección dos representantes de familias e profesorado.
- CALENDARIO DE ELECCIÓNS:
-A Xunta Electoral establecerá o calendario
-A Xunta Electoral constituirase entre o 3 e o 5 de novembro.
-O prazo de admisión de candidatas/os non deberá ser inferior a 7 días naturais
-Votacións: Entre os días 22 e 26 de novembro de 2021.
- MEMBROS A RENOVAR:
-Familias: 3 por un periodo de 3 anos
-Profesorado: 3 por un periodo de 3 anos
É importante que haxa membros suplentes para que (no caso de baixas) estén todos os sectores representados de acordó coa normativa.
 - SORTEO DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL:
-O MÉRCORES 3 DE NOVEMBRO DE 2021 ÁS 12:00 HORAS NA SECRETARÍA DO CENTRO.
-SERÁ PÚBLICO CONTANDO CUN MEMBRO DE CADA SECTOR A RENOVAR.

PROTOCOLOS COVID-19

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 21-22

 

A partires do luns 11 de outubro o horario de bádminton será de 15:30 a 17:00.

CALENDARIO ESCOLAR 21-22

Aquí está o calendario escolar para o presente curso.

O luns 27 de setembro é festivo en Porriño.

O 16 de maio foi elexido polos centros de primaria do Porriño como día non lectivo.

 

COMEDOR E TRANSPORTE 2021-2022

O alumnado que fixo entrega das súas solicitudes para o curso 2021-2022 queda admitido para o curso 21-22 (non precisa estar pendente dos listados que están publicados no taboleiro de anuncios do centro)

O alumnado que non entregou no centro o anexo de autodeclaración para a súa solicitude de comedor será usuario de pago completo (4,50 € por día de uso)

Aquel alumnado que solicite transporte ou comedor en setembro corre o risco de quedar sen praza xa que a día de hoxe quedan poucas prazas na liña de transporte da Guía así coma no comedor.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2021/2022

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2021/22

Pinche nos documentos adxuntos para ver a información.

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS 2021/2022 E VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/2022

Infórmase que xa están publicadas no taboleiro do colexio as listaxes definitivas dos libros que lles foron asignados aos alumnos/as de 3º e  4º de Educación Primaria. Tamén o poderán comprobar na aplicación "Fondolibros" coa Chave 365.

Comproben a listaxe dos libros do curso 2021/22 para ver se teñen que comprar algún libro que non lles fora asignado. 

Recorden que os alumnos/as de 4º de E.P.  teñen que comprar o cuadernillo de inglés.

En SETEMBRO xa lles avisaremos para que pasen polo colexio a recoller os libros que lles corresponden.

VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Comunícase tamén que xa están preparados os Vales para a compra de libros do alumnado de 1º e 2º E.P. e os vales para a adquisición doutro material escolar.

Poderán recollelos no colexio dende o 7 ata o 16 de xullo en horario de 10h. a 14h. (e senón en setembro)

*Recordámoslles que:

-En caso de extravío do vale o colexio non poderá expedir un duplicado.

-Unha vez entregado o vale, se o solicitante detecta algún erro, disporá de 10 días hábiles para emendar a solicitude devolvendo o vale recibido.

-Unha vez que o solicitante estea en posesión do correspondente vale poderá adquirir os libros no establecemento que libremente escolla, polo importe máximo que figure no vale.

-No momento da compra o solicitante deberá asinar tal vale e entregarllo ó establecemento.

-Os vales non poden ser fraccionados, é dicir o importe total de cada vale só pode ser utilizado nun único establecemento.

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer