SOLICITUDES PARA MÁSCARAS
SOLICITUDES PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Informamos que saíu publicada a Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG do 12 de novembro de 2021) pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en EP, ESO e EE en centros docentes públicos e en centros privados concertados no curso 2021-22.
NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE
· Será beneficiario directo das máscaras o alumnado que recibiu o vale de 50 € para a adquisición de material escolar no presente curso.
· Polo tanto agora xa non teñen que presentar ningunha solicitude.
PODERÁ PRESENTAR SOLICITUDE
· Poderá entregar solicitude para as máscaras o alumnado que no seu momento non solicitou a axuda para material escolar e que a renda per cápita (segundo o exercicio fiscal do ano 2019) sexa igual ou inferior a 6.000€.
· Terán que cubrir o impreso que lle facilitaremos no colexio aos que no lo soliciten telefonicamente.
· Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean no mesmo centro para o curso 2021/22.
·As solicitudes serán asinadas polo pai, nai e resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda, excepto nos casos de separación ou divorcio, nos que asinará o proxenitor que teña a custodia do menor. Nos casos de custodia compartida asinarán os dous proxenitores.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
· Presentaranse presencialmente no colexio en horario de secretaría (10:50h a 11:40h)
·A solicitude virá acompañada da Copia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.
·No caso de non ter libro de familia ou cando a situación familiar, a 31 de decembro de 2019, non coincida coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación acreditativa do número de membros da unidade familiar, tales como:
-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.
-Certificado ou volante de convivencia.
-Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
· Prazo de presentación: Ata o 26 de novembro de 2021
ENTREGA DE MÁSCARAS
· Unha vez rematado o proceso de entrega de solicitudes informaráselles do procedemento a seguir polo colexio para a distribución das máscaras.