SERÁN NO PAVILLÓN DO NOSO COLE

DEIXÁMOSVOS POR AQUÍ O CARTEL QUE ANUNCIA O SERÁN QUE SE VAI CELEBRAR O VINDEIRO SÁBADO 31 A PARTIR DAS 19H. NO PAVILLÓN DO NOSO COLE.

Lembrade que é unha actividade organizada para recaudar fondos para todos os nenos e nenas que van participar na excursión a neve.

Animádevos a vir, ímolo pasar moi ben!!!

O EDLG PUBLICA OS GAÑADORES DO IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Picando na imaxe accederedes á presentación dosgañadores desta edición do CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.

Noraboa aos premiados e grazas a todo o alumnado que colaborou.

O CLAUSTRO DE PROFESORES DESEXAVOS UNHAS FELICES FESTAS

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow created with Smilebox

Desfrutade das vacacións e voltade con moitas ganas o vindeiro XOVES  8 de Xaneiro

NOVIDADES, MERCADILLO NO COLE!!!

PICADE NA IMAXE E...

ACCEDEREDES A INFORMACIÓN QUE OS ORGANIZADORES DA EXCURSIÓN A NEVE DO ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º VOS QUEREN FACER CHEGAR.

EXCURSIÓN A NEVE

PARTE DO NOSO ALUMNADO VAISE DE...

Deixámosvos por aquí información de todas as actividades que se están a realizar por parte do alumnado de 4º, 5º e 6º para recaudar fondos.

COLABOREMOS TOD@S!!!

E OS GAÑADORES DO CONCURSO DE CABAZAS SON....

EDUCACIÓN INFANTIL

EDUCACIÓN PRIMARIA

MATERIAL PARA TRABALLAR O MAGOSTO

O Blogue do EDLG xa está funcionando para todas e todos vós. Esta semana na que celebramos o MAGOSTO no cole queremos recordarvos que nel poderedes atopar numerosos materiais que atopamos na rede e outros moitos que se va elaborando.

Deixámosvos por aquí un enlace ao blogue e outro ás actividades relacionadas con este temática:

SAMAÍN - HALLOWEEN

Un ano máis celebramos no centro o concurso de cabazas, esperamos a vosa participación. Lembrade que o prazo para presentar as cabazas será do 28 ao 30 de novembro.

Facer "Click" na foto para ver as imaxes

COMEZO DO CURSO 2014/15

O VINDEIRO MÉRCORES 10 DE SETEMBRO COMEZA O CURSO ESCOLAR. DAMOSVOS A TOD@S A BENVIDA!!!!!

A REVISTA DO COLE DE ATIOS

Xa temos aquí un novo número da Revista do CEIP PLURILINGÚE DE ATIOSPEDRA ROSA. Desxamos que vos guste e que a disfrutedes moito.

Só tendes que picar na imaxe e accederedes á noticia do Blogue do EDLG donde poderedes tamén imprimila todos aqueles que o desexedes.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer