Iniciar sesión: Acceso
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Pais/Nais

PLAN DIXITAL

O COMPOSTEIRO

Logo da posta en marcha da horta ecolóxica "A horta de Manolo e @artistas" no colexio, pensamos que sería importante abastecernos nós mesmos de abono ecolóxico que os cultivos precisan.

É por iso que nestes momentos dispoñemos de catro composteiros onde botamos restos de alimentos e pousos do café que traemos das nosas casas e os restos das merendas do recreo; follas das árbores que recollemos do patio, etc. Pouco a pouco estos restos iranse descompoñendo e producirase o abono ecolóxico que precisamos.

Mentres, animámosvos a que olledes as fotos que aquí mostramos sobre a recollida de follas e o traballo que levamos a cabo co composteiro.