Actividades

Escola de familias

O vindeiro xoves 26 de xaneiro levaremos a cabo outra charla de Escola de Familias. Desta volta a temática é a seguinte: Como podemos falar de educación sexual cos nosos fill@s? A charla é para familias con nenos e nenas de infantil e primaria.

 

Exposición “A memoria do son”

A exposición “a memoria do son” é un proxecto da colección de instrumentos musicais e archivo documental do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo que permite contemplar réplicas dos instrumentos máis populares en Europa dende finais do século XII ata finais do XIII, entre os que se encontran os do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Distribuir contido