PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ACADÉMICO 2023/2024

  O Procedemento para a admisión de alumnos en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato, regúlase pola Orde do 21 de outubro de 2022 ( D.O.G do 8 de novembro) pola que se desenvolve Decreto 13/ 2022 do 3 de febreiro de 2022 (D.O.G do 11 de febreiro).

 

  • Oferta de postos escolares:

 

  • 4º de Ed. Infantil : 22 + 3 (reservadas)

  • 5º de Ed. Infantil : 13

  • 6º de Ed. Infantil : 7

  • 1º de Ed. Primaria : 3 (reservadas)

  • 2º de Ed. Primaria: 3

  • 3º de Ed. Primaria: 7

  • 4º de Ed. Primaria: 5

  • 5º de Ed. Primaria: 4

  • 6º de Ed. Primaria: 4

 

  • A zona de influencia do centro: Seguindo a resolución do Delegado da Consellería de Educación e O.U con saída do 6 de Abril de 2009 sinálase o límite sur desta zona por rúa Cantarrana, límite de Avda. Cantarrana en proxección coa rúa Vila de Vilalba estendéndose pola rúa Vila de Ribadeo. Inclúe Granxas, Covas, Congostras, Pallaregas, O Pedregal, Súasbarras, etc. Pola parte Norte – Noroeste esténdese ata o camiño de Nogarido en cruce coa estrada de Ferrol ata a praia dos Castelos. Polo oeste prolóngase ata a montaña que discorre paralela ao ferrocarril .

  • O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día1 ata o día 20 de marzo de 2023, ámbolos dous inclusive.

 

O impreso de solicitude ( Anexo II - formulario normalizado ED550B) será facilitado gratuitamente no centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

 

 

 

Documentación a achegar coa solicitude de admisión:

 

  • Copia do D.N.I da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

  • Documento acreditativo do requisito da idade do/da alumno/a.

  • Certificado empadroamento.

  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

  • No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

  • O criterio complementario aprobado polo Consello Escolar tal e como se recolle no capitulo II, artigo 9 k) ao abeiro do disposto no Decreto 13/2022 e na Orde do 21 de outubro de 2022 é o seguinte: Por solicitar en primeiro lugar un centro público. A valoración deste criterio será 1 punto e a acreditación farase de oficio polo propio centro, sendo o documento acreditativo a propia solicitude de admisión (ANEXO II da Orde).

  • A relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido, por cursos, publicarase antes do 25 de abril mediante listaxes ordenadas por puntuación. Esta listaxe provisional poderá ser obxecto de reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante o Consello Escolar.

  • As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio.

  • O prazo de formalización da matrícula,será do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado o prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

 

 

 

IMPORTANTE:

 

  • Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro que se solicita praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

 

O HORARIO DE ENTREGA E RECOLLIDA DE SOLICITUDES SERÁ DE 11:30 H A 12:15 H DE LUNS A VENRES.

 

 

AdxuntoTamaño
AnexoII.pdf1.38 MB
reserva_AnexoI.pdf1.23 MB