COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA

COMPOSICIÓN:

- Director e presidente: Basilio Seijas Franco

- Profesorado que compón o claustro.

 

 

As reunións levaranse a cabo o segundo martes de cada mes.

 

FUNCIÓNS:   (Reguladas polo Decreto 374/96)

a) Elevar propostas ó claustro co fin de establece-los criterios para a elaboración dos proxectos curriculares.

b) Velar para que a elaboración dos proxectos curriculares de etapa e o plan de acción titorial se realice conforme os criterios establecidos polo claustro.

c) Asegura-la coherencia entre o proxecto educativo do centro, os proxectos curriculares de etapa e a programación xeral anual.

d) Establece-las directrices xerais para a elaboración das programacións didácticas dos equipos de ciclo e do plan de acción titorial, así como das adaptacións curriculares e dos programas de diversificación curricular incluídos no proxecto curricular.

e) Propoñer ó claustro de profesores os proxectos curriculares para a súa aprobación.

f) Velar polo cumprimento e posterior avaliación dos proxectos curriculares de etapa.

g) Canaliza-las necesidades de formación do profesorado cara ó centro de Formación Continuada do Profesorado.

h) Realizar, de se-lo caso, a proposta ó xefe de estudios co fin de que se designe o responsable do equipo de actividades complementarias e extraescolares.

i) Propoñe-los profesores que han de formar parte do equipo de normalización lingüística.