EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA

COMPOSICIÓN:

Coordinadora: Socorro Giz García

Membros:

- Adriana Pérez Lema

- Rita Lamas Álvarez.

- Mª Mar Arteaga Vázquez

- Mariña Sendín Gómez

- Tania González Lage

- Marta Rodríguez Pérez

- Ana Solla Fernández

 

As reunións levaranse a cabo o terceiro martes de cada mes.

FUNCIÓNS: (Reguladas pola orde do 17 de xullo de 2007).

En colaboración co profesorado de apoio, serán as seguintes:

1. Elaborar, en colaboración co profesorado de apoio, o proxecto anual de biblioteca escolar e a memoria final.

2. Coordinar, seguindo as directrices da consellería, a elaboración e posta en práctica do proxecto lector de centro, coa participación de todo o profesorado.

3. Realizar o tratamento técnico dos fondos (seleccionar, organizar, clasificar e catalogar).

4. Informar o claustro das actividades da biblioteca e integrar a súas suxestións.

5. Difundir os fondos existentes e as súas posibilidades de consulta entre toda a comunidade escolar.

6. Definir os criterios para o préstamo e atender o servizo xunto co equipo de apoio.

7. Asesorar o profesorado en técnicas de animación á lectura, estratexias de dinamización, formación de usuarios e traballo documental, seleccionando e elaborando materiais, xunto co resto do profesorado, para a formación do alumnado nestes aspectos.

8. Coordinar o equipo de apoio á biblioteca escolar.

 

 9. Representar o equipo de biblioteca na Comisión de Coordinación Pedagóxica.

 

 10. Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza na súa normativa específica sobre bibliotecas escolares.