OLA DE NOVO!
ESTA SEMANA REMATAMOS O CURSO!
Durante as vacacións podedes repasar entrando nos enlaces das actividades que vos resultaron máis entretidas deste trimestre, que seguirán nesta mesma páxina.
LINGUA CASTELÁ
Estudiaremos os gentilicios.
Rematando o curso!
Imos acabar aprendendo un pouco sobre AS MÁQUINAS.
Para iso pinchando aquí atoparedes información e algunhas actividades interactivas.
Comezamos cun vídeo sobre a enerxía, continuación do que vimos a semana pasada.
Facemos actividades sobre o mesmo tema nesta ligazón.
Mes de xuño, empeza a conta atrás! Un último esforzo, que falta pouco para as vacacións.
LINGUA GALEGA
- Traballamos os pronomes persoais na páxina 140 e 141 do libro de texto. Facemos as actividades 1, 2, 4 e 5.
- Facemos unha actividade titulada "Heroes da galaxia" nesta ligazón.
MATEMÁTICAS
Comezamos unha nova semana con actividades moi entretidas!
- Actividades interactivas sobre bosques nesta ligazón. Algunhas preguntas resultaranvos novidosas, pero podedes repetir o exercicio varias veces para acadar o maior número posible de acertos. Fixádevos en que a resposta correcta aparece en verde. ENVIÁDESME 5 PREGUNTAS que vos chamaran a atención coa resposta correspondente.
Xa pasou outra semana! Aquí vos deixo o traballo para a próxima. Queda moi pouco, ímonos aplicar!
Seguide as actividades de cada materia na orde na que están, para que podades entendelas ben e non se vos esqueza ningunha.
LINGUA GALEGA
Lectura do libro de texto do terceiro trimestre: páx. 148 e 149. Despois de ler facedes as seguintes actividades:
MATEMÁTICAS
Imos repasar os cambios de estado con este vídeo.
Facemos unha ficha (pdf adxunto). Para poder resolver as actividades debedes consultar antes algunhas palabras que vos resultarán novidosas: fráxil, viscosidade e volátil.
Ola! Xa estamos na segunda quincena de maio! Estádelo facendo xenial, e temos que seguir traballando un pouco máis. Aquí vos deixo as actividades desta semana.
MATEMÁTICAS
- Empezamos cun vídeo sobre as unidades de medida.
- Adxúntovos dúas fichas sobre o mesmo tema. Prestade moita atención á táboa coa que comezan e conservádea para futuras actividades.
LINGUA CASTELÁ
Esta semana aprendemos sobre os estados da materia facendo actividades nesta ligazón.
Ola! Unha semana máis temos novas actividades. Un pouco de todo, pero deixándovos tempo para que aproveitedes os paseos!
MATEMÁTICAS. Esta semana imos facer tres actividades:
- Problemas para practicar o aprendido (pdf adxunto).
- Aprendemos sobre corpos xeométricos e practicamos construíndoos nesta ligazón.