Skip to Content

TIC´s

FERRAMENTAS LIBRES PARA A CREACIÓN DE CONTIDOS

Queremos compartir coa Comunidade Educativa unha serie de ferramentas libres para a creación de contidos tanto para o profesorado como para o alumnado neste artigo que aparece na páxina do INTEF.

Ferramentas de autor, de edición de imaxe, vídeo, audio,... que van ser de gran axuda para o noso traballo e para o do alumnado. No enlace podemos acceder á información destas ferramentas onde poderemos atopar guías, documentación, vídeos explicativos,...

Chuza na imaxe para acceder á páxina do INTEF 

 

GUÍA DE USO ABALAR MÓBIL

No seguinte vídeo podedes atopar unha vídeo-titorial sobre o funcionamento da APP "Abalar Móbil". Igualmente, no pdf adxunto ven unha guía máis desenrolada sobre cada un dos apartados. Calquera dúbida tentaremos resolvela dende o centro.

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE

Dentro do Plan Director o alumnado de 5º e 6º recibiu hoxe unha charla sobre ciberseguridade, onde aprenderon como empregar axeitadamente as redes e aplicacións móbiles. 

A GUÍA QUE NON VÉN CO MÓBIL

Guía para axudar aos nosos fillos e fillas a facer un uso responsable do teléfono móbil.

Distribuir contido


by Dr. Radut