O alumnado de1º a 4º puido asisir a obra representada polo estuduantes de grado elemental do Conservatorio Profesional De Danza , PEDRO E O LOBO. Ademais de animar a unha compañeira que actuaba na propia obra.
O alumnado do centro celebrou o Día Internacional da muller realizando diversos traballos en cada clase e cantando unha canción en común, ademáis dun manifesto lido por alumnado de 6º de primaria.
Desde a primeira etapa de infantil ata 6º de primaria, dende o noso centro reivindicamos este día, por unha igualdade e respecto entre todos e todas!
O Día Mundial da Infancia, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
O Día do Niño celebramos os avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
Hoxe tivemos a sorte de ter connosco a unha parte do profesorado co Conservatorio Profesional de Música de Lugo. Viñeron a mostrarnos os instrumentos de vento metal.
O alumnado de terceiro de primaria está coñecendo os instrumentos de corda, e temos a sorte de ter con nós a profesora de prácticas que é guitarrista e trouxo o seu instrumento para que poidesen probar ademais de explicarlles as súas características.
Hoxe estades de celebración, chicos/as!!!! É o voso día. Unha conmemoración que pretende forxar un mellor futuro para vós e recoñer ás persoas e profesionais que traballan en favor vosa. Para celebralo, compártovos este rap, en galego, titulado "Os dereitos dos nenos".
21 de Xuño, conmemórase o día Internacional da música.
O precursor desta idea foi o músico norteamericano Joel Cohen no ano 1976, quen propuxo que os grupos musicais tocasen durante os dous solsticios que se celebran cada ano, o primeiro, o 21 de xuño e o outro, o 21 de decembro, o cal se converteu nun feito a partir dese mesmo ano, en Toulouse, Francia.
Aquí déixoche unha listaxe dalgúns dos beneficios que a música pode achegar á túa vida:
- A música é un instrumento valioso para desenvolver a intelixencia, mellora a memoria e a concentración.
- Axuda a lidar con certas enfermidades, problemas de estrés e depresión.
- Sábese que a música fai que as persoas se sintan máis felices.
- É unha ferramenta valiosa para traballar os valores como a tolerancia, o respecto, a solidariedade, nos nenos.
Neste día solleiro celebramos os Maios, dende Infantil a Primaria. Ademais celebramos o día das Letras Galegas cunha adaptación duns versos do conmemorado Forencio Delgado Gurriarán.
Tamén realizamos o baile tradicional coa melodía de Terra, das Tanxugueiras.
Esta semana tivemos a visita dunhas profesoras do CMUS de Lugo, para ensinarnos algúns dos moitos innstrumentos que imparten no centro. Por aquí deixamos algunha mostra.