LISTAXES FONDOLIBROS E MATERIAL

NO TABOLEIRO DO COLEXIO ESTÁN EXPOSTAS AS LISTAXES DE FONDOLIBROS E MATERIAL PARA O VINDEIRO CURSO

COMEDOR

Bo día,

Ven de sair a orde de comedores para o curso 2021-2022, Xa sabedes que tedes que facer a autodeclaración, lembrade que é da renda de 2020.

No colexio temos os impresos do modelo, aínda que tamén os adxuntamos nos ficheiros que van adxuntos por si queredes descargalos.

 

Información Fondolibros e Vales

Tal e como se establece na Orde de Fondolibros, informámosvos dos plazos establecidos polo centro en relación coas solicitudes.

ATA PRONTO!

 

Estimadas familias,

Hoxe rematamos un curso que empezamos cheos de incertidume pola situación sanitaria, pero que afortunadamente salvamos polas boas prácticas que mantivemos nós,  vós e sobre todo as nenas e nenos que, aínda que noviños, amosaron un sentido da responsabilidade extraordinario.

14 DE XUÑO: DÍA DA LINGUA DE SIGNOS

O 14 de xuño celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, un acto adoptado en 2015 polo Consello de Ministros en conmemoración da constitución, en 1936, da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), cuxo obxectivo é compartir e promover a difusión da lingua de signos española.

Para celebralo os rapaces e rapaza de 5º signaron para todas as clases un conto titulado A qué sabe la luna?

PRAZO DE MATRÍCULA

O alumnado de Infantil e Primaria admitido no centro deberá formalizar a matrícula do 21 de  de xuño ata o 30 de xuño

LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 21-22

 

 

AXUDAS FONDOLIBROS E VALES PARA MATERIAL ESCOLAR

O alumnado que para o curso que ven estea en Primaria, leva hoxe os anexos I e II para pedir as axudas de fondolibros e de material. Levan tamén unha pequena aclaración, pero si tedes dúbidas podedes consultar o arquivo que vos adxuntamos.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021-2022

Todas as solicitudes presentadas para o curso 2021/22 foron admitidas.

As listas están expostas no taboleiro do cento.

A matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021-2022

Todas as solicitudes presentadas para o curso 2021/22 foron admitidas.

Pódense consultar as listas expostas no centro. 

Na semana do 10 ao 15 de maio publicaranse as listaxes definitivas.

Distribuir contido