Skip to Content

DATAS PARA A RECOLLIDA DE MATERIAL, DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO E ENTREGA DE NOTAS

BOS DÍAS FAMILIAS!

O día 19 de xuño ramata o curso escolar, deste xeito e para intentar seguir as recomendacións da Consellería no referido a normas de distanciamento social e non aglomeracións, fixemos un calendario para que coincidira a recollida de material dos vosos fillos e fillas que aínda está no colexio, a devolución dos libros de préstamo de fondo libros e a entrega de notas finais.

Ese día é necesario que traigades unha bolsa para levar o material dos nenos e nenas, que en moitos casos non é pouco.

Os días adxudicados a cada curso ou cursos son:

MÉRCORES 17 DE XUÑO: 3º e 4º DE PRIMARIA

XOVES 18 DE XUÑO: 2º e 6º DE PRIMARIA(revisión e recollida de ordenadores e-dixgal)

VENRES 19 DE XUÑO: 1º e 5º DE PRIMARIA(revisión e recollida de ordenadores e-dixgal) E TODA EDUCACIÓN INFANTIL

Gustaríanos que poiderades respectar o máximo posible esas datas. O horario é entre as 10:00 e as 14:00. As titoras e titores dos rapaces estarán para vos recibir e, si é o caso darvos algunha recomendación para o vindeiro curso ao mesmo tempo que vos entregarán as notas finais.

Un saúdo



story | by Dr. Radut