Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2020/21.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 20 de maio ata o próximo día 19 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

A continuación un resumo das instruccións para facer a solicitude e os anexos I e II que tedes que cubrir e presentar co resto de documentación que se vos pide na instrucción:

 

 De todos os xeitos, temos impresos no colexio e podedes vir buscalos e facer as preguntas que se vos presenten para cumplimentalos

 

 OLLO: hai un erro na instrucción da consellería, onde di que o recadro  da  base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018  é o 432, debería dicir  recadro 435.

AdxuntoTamaño
anexos I y II.pdf1.63 MB
Instrucions fondolibros 2020-2021 V 4.pdf423 KB


story | by Dr. Radut