Skip to Content

ATA PRONTO!

 

Estimadas familias,

Hoxe rematamos un curso que empezamos cheos de incertidume pola situación sanitaria, pero que afortunadamente salvamos polas boas prácticas que mantivemos nós,  vós e sobre todo as nenas e nenos que, aínda que noviños, amosaron un sentido da responsabilidade extraordinario.

Non quereremos nesta despedida centrarnos na situación sanitaria, senón recordar os nosos papeis  de mestres e alumnado. Nese sentido queremos dicirvos que nos sentimos moi orgullosas e orgullosos de ter ensinado ás vosas fillas e fillos.

Lembramos os primeiros días cando empezamos a coñecernos, as primeiras instrucións, os primeiros traballos e tarefas, a facilidade coa que as nenas e nenos se adaptaron ás boas prácticas dentro e fora da aula o paso dos meses, a supervivencia ao confinamento, un montón de anécdotas do día a día que son recordos que levamos para sempre.

Agradecemos moito a vosa colaboración, fundamental para a evolución das vosas fillas e fillos, porque estamos na certeza de que a coordinación entre o profesorado e as familias é o pilar dos bos resultados, o mellor xeito de facer dos pequenos e pequenas, persoas máis maduras e autónomas cada día.

Despedímosnos de vos cun ata logo e coa ilusión do reencontro.

Unha aperta afectuosa das profesoras e profesores.

Septiembre, el #claustrovirtual y la vuelta al cole - Magisnet



story | by Dr. Radut