Formalización Matrícula 2021-22
Estimadas familias,
Infórmase de que o próximo día 20 de xuño comeza o prazo para a formalización da matrícula para o vindeiro curso 2021-22.
O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
A documentación que deberán achegar para formalizar a matrícula é a seguinte:
- Anexo III (adxúntase ao final da publicación).
- Informe médico (alerxias, intolerancias, …).
- Fotocopia do libro de familia.
- Fotocopia do DNI dos proxenitores e do alumno/a (no caso de telo).
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Dúas fotografías tamaño carné.
- Volante de empadroamento conxunto no que aparezan todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio do alumno/a.
Estes impresos deberán entregalos na secretaría do centro, no horario establecido para a atención ao público que poden consultar na páxina web do centro.
Por último, precisarlles que a documentación xa entregada non é necesario entregala de novo.
Un saúdo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
AnexoIII_galego.pdf | 427.8 KB |
AnexoIII_castelán.pdf | 427.05 KB |