slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE 24/25

Informamos que xa está aberto o prazo de solicitude de becas para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). 

Dirixidas a alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociadas a necesidades educativas especiais, así como alumnado con TEA, alumnado con TDAH e alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

Prema nos seguintes enlaces para acceder a toda a información: 

Portal de Becas do Ministerio de Educación e Formación profesional

Pasos para realizar a solicitude

Factores a valorar para a concesión das axudas

Acceso e tramitación on line

* Antes de que remate o prazo será necesario presentar no colexio toda a documentación requirida. 

 

PRAZO: ata o 13 de setembro de 2024. 

II Concurso de fotografía

Xa está en marcha a segunda edición do concurso de fotografía no noso cole. Pinchade na seguinte imaxe que vos levará ao blog de Dinamización da Lingua Galega onde se vos explica con detalle as bases do concurso.

Animádevos a participar!

Apadriñamentos e amadriñamentos lectores

 

  Hoxe, durante a hora da lectura, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria leron un conto ao alumnado de infantil, foi unha experiencia moi divertida!

 

 

 

  

  

 

 

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS CURSO 24/25

Todas as solicitudes presentadas no noso centro foron admitidas.

Podedes consultar a listaxe definitiva no taboleiro de anuncios do centro ou na aplicación admisionalumnado.

No mes de xuño publicaremos as instrucións para formalizar a matrícula.

Prazo formalización matrícula: do 20 ao 30 de xuño

Cambridge English

Estimadas familias

O noso colexio acaba de chegar a un acordo con Cambridge English polo cal o noso centro será o primeiro centro autorizado no Grove para a realización dos exames Cambridge. Grazas a este acordo, o alumnado poderá realizar os exames na súa propia contorna escolar. 

Os títulos obtidos teñen un prestixioso recoñecemento internacional como proba tanxible do nivel de coñecemento do idioma. 

A través do voso correo enviarémosvos a información tratada na pasada reunión do xoves 18 de abril. 

Para calquera dúbida podedes chamar ao centro ao número 886151430. 

Conmeniño Saudable

Pinchade na imaxe e descubride as últimas novidades no blog de Conmeniño Saudable 

 

Últimas novidades

Pinchando na nosa mascota da biblioteca podedes acceder ao blog e consultar todas as actividades que se fixeron no segundo trimestre. 

ADMISIÓN ALUMNADO 24-25

 

Vacantes ofertadas

4º Educación Infantil: 20 prazas (3 NEAE)

5º Educación Infantil: 12 prazas

6º Educación Infantil: 12 prazas

1º Educación Primaria: 8 prazas (3 NEAE)

2º Educación Primaria: 9 prazas

3º Educación Primaria: 5 prazas

4º Educación Primaria: 7 prazas

5º Educación primaria: 4 prazas

6º Educación primaria: 12 prazas

Normativa de referencia

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022,pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación.

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-25. 

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

IES adscrito

- IES Monte da Vila

Servizos ofertados polo centro

- Transporte escolar

- Comedor escolar

Enlace aplicación

admisionalumnado

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer