Escornabots na biblioteca!!!
O alumnado de 6º de EI e de 1º e 6º de EP pasaron o día de hoxe na biblioteca montando os seus propios escornabots. Esta iniciativa, que forma parte do programa Biblioteca Creativa, permitiu ao noso alumnado traballar cos robots a través da titoría entre iguais e a aprendizaxe cooperativa.
Deixamos unha mostra do ben que o fixeron e o moito que aprenderon...
Moitas grazas a Almudena e a Elena!!!
Simulacro de incendios!!!
Hoxe levamos a cabo un simulacro de incendios no cole, acompañados polo Servizo de Emerxencias do Grove.
Foi unha experiencia moi interesante e tanto o alumnado como o profesorado pasámolo moi ben coñecendo os diferentes materiais que empregan e xogando coa escuma de apagar o lume.
Parabéns a todos os nenos e nenas que o fixeron moi ben e moitas grazas a Emerxencias por dedicarnos un chisquiño do seu tempo!!!!
Día Internacional da Muller no Conmeniño!!!
Nestes días recibimos no cole a visita de grandes
profesionais, varias mamás do noso alumnado que
viñeron explicarnos en que consiste o seu traballo.
Con elas mergullámonos no mundo das bateas,
camiñamos entre fogóns e mercados, entramos nun
salón de peiteado e convertémonos en xornalistas
por un día.
Tamén recibimos a visita da grovense Tania Álvarez,
medallista mundial de Piragüismo en Maratón. Coa
súa charla motivounos cara un estilo de vida
saudable e trasladounos a importancia da
perseveranza e o esforzo para conseguir os nosos
soños.
Moitas grazas Noelia, Emma, Tamara, Silvia,
Laura, Elvira e
Tania pola vosa participación!!!!!!!!
Admisión alumnado para o curso 23-24
Vacantes ofertadas
4º Educación Infantil: 12 prazas ( 3 NEAE )
5º Educación Infantil: 0 prazas
6º Educación Infantil: 15 prazas
1º Educación Primaria: 14 prazas ( 3 NEAE )
2º Educación Primaria: 14 prazas
3º Educación Primaria: 15 prazas
4º Educación Primaria: 10 prazas
5º Educación Primaria: 19 prazas
6º Educación Primaria: 4 prazas
Normativa de referencia
-
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Enlace aplicación:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Andaina pola Paz
Para conmemorar o Día da Non Violencia e da Paz o alumnado e o profesorado do centro fixemos unha andaina arredor do cole, acompañados polas familias.
Moitas grazas a todos/as os participantes e tamén á Policía Local e a Emerxencias por acompañarnos.
Foi unha bonita experiencia que esperamos vos gustara tanto como a nós!!!
Marcha pola Non Violencia e a Paz
Ola familias!!!
Este luns 30 de xaneiro o alumnado e profesorado do Conmeniño imos celebrar unha marcha pola non violencia e pola paz.
Estades invitados/as a acompañarnos na nosa andaina, o único requisito é que traiades unha camiseta de cor branca. Sairemos do centro a partir das 11.30h.
O percorrido será o seguinte: baixada por Campos ata a igrexa, Avenida de Portugal e subida de Meloxo.
Esperámosvos!!!!!
Alumnado de 6º de Educación Primaria > reserva de praza no IES adscrito
As familias que queiran que o seu fillo/a estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES Monte da Vila, centro de adscrición do CEIP Plurilingüe de Conmeniño, terán que entregar a solicitude de reserva de praza do día 16 de xaneiro ao 6 de febreiro na secretaría do noso centro (Anexo I). Tamén poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación
admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admsionalumnado)
Pinchando no arquivo adxunto poderedes descargar a solicitude para cubrir de maneira manual.
Rutas transporte escolar 22-23
Estimadas familias
Pinchando no documento adxunto podedes consultar as rutas do bus neste curso 22-23.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »