MÍNIMOS ESIXIBLES EDUCACIÓN PRIMARIA.
A continuación ofrecemos ás familias os mínimos esixibles en cada curso para superar as materias e poder promocionar ao curso seguinte.
MÍNIMOS ESIXIBLES DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
ÁREA DE MATEMÁTICAS
-
Desenvolve e amosa actitudes axeitadas para o traballo limpo, claro e ordenado no caderno e en calquera aspecto a traballar na área de Matemáticas.
-
Manifesta interese na utilización dos medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe.
-
Le, escribe e ordena números ata o 99.
-
Ordena números enteiros e represéntaos na recta numérica.
-
Emprega procedementos diversos na realización de cálculos numéricos básicos (suma e resta).
-
Realiza medicións co palmo, o paso e o pé.
-
Compara e identifica cal é o recipiente de maior capacidade.
-
Describe a situación dun obxecto do espazo próximo en relación a un mesmo e a outros puntos utilizando os conceptos de esquerda-dereita, diante-detrás, arriba-abaixo, preto-lonxe e próximo-afastado.
-
Recoñece formas rectangulares, triangulares e circulares en obxectos do contorno inmediato.
ÁREA DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
-
Expresa de forma global sentimentos, vivencias e emocións propias, admitíndose interferencias lingüísticas co galego.
-
Aplica as normas socio- comunicativas: escoita e respecta a quenda de palabras.
-
Participa en diversas situacións de comunicación.
-
Comprende , con axuda, o sentido global de textos orais de uso habitual, do ámbito escolar e social.
-
Canta cancións, conta e recita pequenos contos e poemas.
-
Le con pronunciación axeitada textos sinxelos e breves, adaptados a súa idade.
-
Expresa o gusto pola lectura como fonte de lecer.
-
Escribe, con axuda, textos moi sinxelos.
-
Presenta os seus escritos con caligrafía clara e limpa, evitando riscos.
-
Recoñece o alfabeto e iníciase na orde alfabética.
-
Forma e ordena correctamente oracións simples.
-
Dramatiza con xestos e palabras, escenas de contos.
ÁREA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA
-
Comprende a información xeral e relevante de textos orais moi sinxelos procedentes da radio ou da televisión, próximos á experiencia infantil.
-
Participa nunha conversa entre iguais, comprendendo o que di o interlocutor e contestando se é preciso.
-
Sigue unha exposición breve da clase ou explicacións sobre a organización do traballo.
-
Participa no traballo en pequeno grupo.
-
Respecta as quendas de palabra nos intercambios orais.
-
Interésase por expresarse oralmente coa pronuncia e entoación adecuada…
-
Comprende a información relevante de textos sinxelos, sobre feitos e acontecementos próximos á experiencia do alumnado con apoio visual.
-
Le textos sinxelos en voz alta admitindo o silabeo.
-
Amosa interese pola lectura.
-
Elabora pequenos textos ou frases con certa coherencia.
-
Interésase pola presentación dos textos seguindo as normas básicas de presentación establecidas: disposición no papel, limpeza e calidade caligráfica.
-
Recoñece de forma xeral, palabras e sílabas.
-
Identifica os nomes propios a partir de palabras dadas, frases ou textos.
-
Recoñece a relación entre son e grafía.
-
Le, de forma guiada e en voz alta, textos adecuados aos intereses infantís.
MÍNIMOS ESIXIBLES DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
-
Expresase cunha pronunciación e unha dicción axeitadas utilizando o vocabulario adecuado ó seu nivel.
-
Comprende a información xeral e relevante de textos orais sinxelos.
-
Elabora e produce textos orais sinxelos de diferente tipoloxía: noticias, avisos, contos, poemas…
-
Le en voz alta, con pronunciación, velocidade lectora e entonación axeitada.
-
Escribe textos sinxelos respectando as normas gramaticais e ortográficas básicas con caligrafía clara e limpeza.
-
Utiliza con corrección os tempos verbais: presente, pasado e futuro.
-
Utiliza sinónimos e antónimos, polisémicas na expresión oral e escrita.
-
Reproduce textos orais moi breves: cancións e poemas.
MATEMÁTICAS
-
Explica oralmente o proceso seguido para resolver un problema.
-
Le, escribe e ordena números ata o 999.
-
Identifica o valor de posición das cifras en situacións e contextos reais.
-
Realiza correctamente series tanto ascendentes como descendentes.
-
Utiliza números ordinais en contextos reais.
-
Descompón e compón números naturais, interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras.
-
Identifica os números pares e os impares.
-
Realiza cálculos numéricos coas operacións de suma e resta na resolución de problemas contextualizados.
-
Realiza cálculos numéricos básicos coa operación da multiplicación na resolución de problemas contextualizados.
-
Resolve operacións con cálculo mental.
-
Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados.
-
Coñece e utiliza as unidades de medida de lonxitude (quilómetro, metro e centímetro), as de peso (quilo, médio quilo e cuarto quilo) e as de capacidade (litro, médio litro e cuarto litro).
-
Le a hora en reloxos analóxicos e dixitais (en punto, medias e cuartos).
-
Coñece a función e o valor das diferentes moedas e billetes do sistema monetario da UE.
-
Coñece os diferentes tipos de polígonos en obxectos do entorno inmediato.
-
Rexistra e interpreta datos en representacións gráficas.
LINGUA GALEGA E LITERATURA
1. Elabora e produce textos orais sinxelos.
2. Utiliza a língua galega em calquera situación de comunicación dentro da aula e valora o seu uso fora de ela.
3. Le textos en voz alta, con pronunciación, velocidade lectora e entonación axeitada.
4. Elabora textos con coherencia xeral, de xeito creativo e seguindo as normas básicas de presentación: disposición no papel, limpeza e claridade.
5. Aplica, de maneira xeral, as normas ortográficas, con especial atención ao uso das maiúsculas.
6. Identifica nomes comúns e propios e sinala o xénero e número das palabras.
7. Amosa curiosidade por coñecer outros costumes e formas de relación social, respectando e valorando a diversidade cultural.
MÍNIMOS ESIXIBLES DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
-
Comprensión de textos de diversa tipoloxía, adecuados á súa idade, valorando a lectura como medio para ampliar o vocabulario e fixar a ortografía correcta.
-
Uso do dicionario.
-
Utilización guiada das Tecnoloxías da Información e Comunicación para a procura da información e para a creación de textos.
-
Creación de textos literarios moi sinxelos, en prosa ou en verso: contos, poemas, adiviñas, cancións e teatro coa cohesión axeitada.
-
Valoración da propia produción escrita, así como a produción escrita dos seus compañeiros.
-
Normas e estratexias para a produción de textos: planificación (función, destinatario, xeración de ideas, estrutura...).
-
Recoñecemento, características e uso adecuado das distintas clases de palabras (nome, verbo, adxectivo, pronomes, artigos).
-
Tempos verbais: presente, pasado e futuro.
-
Ortografía: utilización das regras básicas de ortografía e puntuación.
- Recoñecemento dos constituíntes oracionais básicos: suxeito e predicado.
-
As relacións gramaticais e explicación reflexiva das relacións que se establecen entre os diferentes tipos de palabras.
-
Identificación das similitudes e diferenzas entre as linguas que coñece para mellorar na súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada.
-
Comprensión, memorización, dramatización e recitado de textos literarios co ritmo, entoación e dicción adecuados.
-
Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.
LINGUA GALEGA E LITERATURA
-
Comprensión e produción de textos sinxelos coa cohesión e coherencia adecuadas.
-
Participación e cooperación nas situacións comunicativas con valoración e respecto das normas que rexen a interacción oral (petición e quendas de palabra, mantemento do tema, respecto ásopinións das demaispersoas, posturas e xestos adecuados).
-
Actitude de escoita adecuada ante situacións comunicativas, respectando as e opinións de quen fala e sen interrupcións inadecuadas.
-
Uso de estratexias elementais para comprender e facer comprender as mensaxes orais: entonación, ritmo e xestualidade.
-
Uso, de forma xeral, dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.
-
Uso da biblioteca respectando as súas normas de funcionamento e valorándoa como fonte de información e de ocio e participación en actividades literarias.
-
Autonomía lectora, capacidade de elección de temas e de textos e de expresión das preferencias persoais.
-
Uso das estratexias de planificación, de textualización e revisión como partes do proceso escritor.
-
Interese polo coidado e a presentación dos textos escritos.
-
Uso das normas ortográficas e de puntuación básicas.
-
Uso correto do dicionario.
-
Valoración da lingua galega dentro da realidade plurilingüe e pluricultural de España e de Europa.
-
Escoita, memorización e reprodución de textos procedentes da literatura popular oral galega (adiviñas,lendas, contos, poemas, cancións, ditos) e da literatura galega en xeral.
-
Valoración e aprecio do texto literario galego (oral ou non) como fonte de coñecemento da nosa cultura e como recurso de gozo persoal.
-
Lectura guiada de poemas, de relatos e de todo tipo de obras literarias, recoñecendo as características dalgúns modelos.
-
Recreación, dramatización e composición de poemas e relatos para comunicar sentimentos, emocións, preocupacións, desexos, estados de ánimo ou lembranzas.
MATEMÁTICAS
- Números naturais ata o 10000: nome e grafía.
- Equivalencias: unidades, decenas, centenas, unidade de millar e decena de millar.
- Operacións con números naturais: adición, substración, multiplicación e división por un número de unha cifra.
- Construción e memorización das táboas de multiplicar.
- Coñecemento e suma e resta de medidas de lonxitude, capacidade e peso ou masa.
- Unidades de medida do tempo e a súa relación. Lectura de reloxos analóxicos e dixitais e cálculos con medidas temporais.
- O euro: valor das diferentes moedas e billetes.
- Identificación e resolución de problemas relacionados coa vida cotiá e axeitados ao seu nivel.
- Identificación e clasificación de figuras planas e corpos xeométricos.
MÍNIMOS ESIXIBLES DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
ÁREA MATEMÁTICA
1. Le, escribe e ordena de maneira lóxica números naturais de ate 9 cifras
2. Sabe a tabla de multiplicar ate o 10
3. Sabe traballar de maneira práctica coas moedas en vigor
4. Acada a división por dúas cifras
5. Realiza cálculo mental das operacións básicas
6. Coñece e aplica as formas de medición real
7. Resolve problemas coas operacións básicas
8. Nomea e identifica as figuras xeométricas básicas
LINGUA GALEGA
1. Extrae as ideas principais de textos orais i escritos
2. Participa en intercambios orais, sin interromper
3. Fai uso da a língua galega nos intercambios orais
4. Utiliza nexos básicos na súa expresión oral i escrita
5. Fai uso autónomo do diccionario
6. Realiza resumos coherentes de textos sinxelos
7. Aplica os signos de puntuación básicos e as regras de acentuación
8. presenta os seus traballos con orde, claridade e limpeza
MÍNIMOS ESIXIBLES DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
ÁREA DE MATEMÁTICAS
-
Utilización de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe para obter información, realizar cálculos numéricos, resolver problemas e presentar resultados.
-
Realización das actividades propostas, así como o estudo dos contidos, tanto na aula como na casa.
-
NÚMEROS NATURAIS
-
Lectura, escritura, descomposición e ordenación de números naturais de máis de 6 cifras.
-
Estimación de números naturais.
-
Operacións con números naturais: suma, resta, multiplicación e división. Identificación dos seus termos.
-
Operacións combinadas sinxelas. Xerarquía.
-
Múltiplos e divisores dun número natural.
-
Resolución de problemas da vida cotiá.
-
FRACCIÓNS
-
Concepto de fracción como relación entre as partes e o todo e a súa representación.
-
Sumas e restas de fraccións.
-
Fraccións equivalentes.
-
NÚMEROS DECIMAIS
-
Lectura, escritura, descomposición e ordenación de números decimais ata a milésima.
-
Suma, resta e multiplicación con decimais.
-
Resolución de problemas da vida cotiá.
-
MEDIDA
-
Estimación de lonxitudes, capacidades, masas e superficies de obxectos e espazos coñecidos; elección da unidade e dos instrumentos máis axeitados para medir e expresar unha medida.
-
Comparación, ordenación e paso de unidades con medidas dunha mesma magnitude.
-
Sumar e restar medidas de lonxitude, capacidade e masa.
-
Unidades de medida do tempo: horas, minutos e segundos. Cálculos con medidas temporais. Lectura en reloxos analóxicos e dixitais.
-
Medida e clasificación de ángulos.
-
Resolución de problemas sinxelos de medida.
-
XEOMETRÍA
-
Estudo de diferentes polígonos.
-
Clasificación de triángulos atendendo ós seus lados e ós seus ángulos.
-
A circunferencia e o círculo. Elementos básicos: centro, radio, diámetro.
-
Resolución de problemas sinxelos da vida cotiá.
ÁREAS DE LINGUA GALEGA E CASTELÁ E LITERATURA
-
Realización das actividades propostas das diferentes linguas, así como o estudo dos contidos, tanto na aula como na casa.
-
Expresión de ideas, pensamentos, opinións, sentimentos e emocións de forma clara, coherente e secuencial, tanto de forma oral como na escrita.
-
Identificación de similitudes e diferenzas entre as linguas galega e castelá para mellorar na súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada.
-
Lectura e comprensión lectora de textos.
-
Traballo e produción de diferentes tipos de textos: descritivos, narrativos e cartas.
-
Aplicación das normas ortográficas, signos de puntuación e regras de acentuación.
-
A palabra. A sílaba tónica e a sílaba átona. Separación das sílabas nunha palabra. Ditongo e hiato. Separación das sílabas dunha palabra a final de liña.
-
Clasificación das palabras segundo o número de sílabas e segundo a sílaba tónica.
-
Diferenciación entre palabras sinónimas, antónimas e polisémicas.
-
Identificación nun texto das distintas clases de palabras: artigo, nome, adxectivo, verbo e pronome.
-
As contraccións nas diferentes linguas (galega e castelá).
-
Creación de oracións a partir de palabras soltas utilizando correctamente as diferentes clases de palabras.
-
Recoñecemento do suxeito e do predicado nunha oración simple unha vez identificado o verbo.
-
Conxugación dos verbos regulares máis frecuentes en presente, pretérito e futuro.
MÍNIMOS ESIXIBLES DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
-Emprega conscientemente recursos lingüísticos e paralingüísticos para comunicarse nas interaccións orais, participando activamente en distintas situacións de comunicación.
-Amosa unha actitude de escoita atenta e unha comprensión xeral, de acordo ao seu nivel educativo.
-Comprende textos de diferente tipoloxía identificando a súa intención comunicativa.
-Identifica o tema, as ideas principais e as secundarias dun texto, elaborando resumos e esquemas.
-Reproduce de memoria textos breves literarios e non literarios.
-Le en silencio e en voz alta coa velocidade, fluidez e entoación adecuada textos de diferente complexidade e tipoloxía.
-Formula hipóteses sobre o contido a partir do título e das ilustracións.
-Emprega a biblioteca para localizar un libro determinado e expón os argumentos de lecturas realizadas dando referencias bibliográficas como autor, etc.
-Escribe textos de variada tipoloxía (planificando, redactando e revisando) en diferentes soportes, con coherencia e cohesión, respectando as normas básicas gramaticais e ortográficas da lingua castelá.
-Reproduce textos ditados respectando as normas básicas de ortografía.
-Valora as súas producións escritas e as dos compañeiros.
-Identifica todas as categorías gramaticais pola súa función na lingua
-Coñece os tempos simples e compostos e conxúgaos e úsaos con corrección.
-Utiliza axeitadamente o dicionario.
-Aplica correctamente as normas básicas de acentuación.
-Utiliza unha sintaxe adecuada ao seu nivel educativo.
-Distingue entre prosa e verso e coñece as súas características
-Interpreta recursos literarios básicos.
-Distingue, aprecia e valora a linguaxe poética.
-Realiza dramatizacións empregando a linguaxe e a paralinguaxe necesaria.
LINGUA GALEGA E LITERATURA
-Comprende o significado literal e inferencial dun texto oral.
-Interpreta en producións orais a retranca, a ironía e os dobres sentidos, recoñecendo a retranca como un trazo característico do galego.
-Participa axeitadamente nun acto comunicativo.
-Emprega correctamente a linguaxe non verbal.
-Planifica e elabora un discurso de forma coherente e cun vocabulario propio do seu nivel educativo e é quen de exprésalo diante dos seus compañeiros.
-Interpreta e comprende a información contida en textos de diferentes tipoloxía.
-Fai unha lectura rápida, selectiva ou integral.
-Le textos en voz alta con bastante fluidez.
-Usa as bibliotecas- convencionais e virtuais- para obter información.
-Planifica e elabora textos coherentes respectando as normas básicas da ortografía e da gramática galega, en diferentes soportes, coidando a presentación.
-Recoñece as distintas categorías gramaticais pola súa función na lingua.
-Coñece, conxuga e usa con corrección as formas verbais.
-Coñece e aplica as normas de acentuación básicas.
-Usa unha sintaxe adecuada ao seu nivel edudativo.
-Uso con soltura o dicionario.
-Coñece e usa o vocabulario axeitado ao seu nivel educativo.
-É quen de nomear algún dos escritores máis representativos da nosa literatura.
-Distingue entre prosa e verso.
-Interpreta recursos literarios básicos.
-Realiza dramatizacións empregando a linguaxe e paralinguaxe necesaria.
MATEMÁTICAS
-Desenvolve e aplica estratexias de razoamento para resolver problemas e reflexiona sobre eles.
-Identifica os números romanos aplicando o coñecemento á comprensión de datacións.
-Le, interpreta, escribe e ordena números (naturais, fraccións e decimais ata as milésimas).
-Realiza operacións con fraccións do mesmo e de distinto denominador (suma, resta, multiplicación, división, obtención de fracccións equivalentes,...)
-Opera cos números coñecendo a xerarquía das operacións.
-Calcula cadrados, cubos e potencias de base 10
-Realiza operacións con números decimais, redondea e estima.
-Usa a regra de tres en situacións de proporcionalidade directa.
-Calcula todos os divisores de calquera número menor de 100.
-Calcula o mcm e o mcd.
-Calcula tantos por cen en situacións reais.
-Elabora e emprega estratexias de cálculo mental.
-Resolve problemas que impliquen o dominio de contidos traballados, incluídas as táboas de multiplicación.
-Estima lonxitudes, capacidades, masas, superficies e volumes de obxectos e espazos coñecidos.
-Mide con instrumentos elixindo a unidade adecuada.
-Suma e resta medidas de lonxitude, capacidade, masa, superficie e volume e expresa o resultado en forma simple e complexa.
-Compara e ordena medidas dunha mesma magnitude.
-Clasifica triángulos atendendo aos seus lados e aos seus ángulos
-Aplica os conceptos de perímetro e superficie de figuras para a realización de cálculos sobre planos e espazos reais e para interpretar situacións da vida diaria.
-Identifica e diferencia os elementos básicos da circunferencia e círculo: centro, raio e diámetro.
-Calcula perímetro e área da circunferencia e do círculo.
-Resolve problemas xeométricos que impliquen dominio dos contidos traballados
-Identifica e recolle datos cualitativos e cuantitativos en situacións familiares e utilizaos para construir táboas.
-Resolve problemas que impliquen dominio dos contidos propios da estatística e probabilidade