Convocatoria fondo solidario de libros de texto e axuda para adquirir libros de texto e material escolar no curso 22-23

 

 O día 18 de maio de 2022 publicouse no DOGA a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022/23: 

- axuda para adquirir libros de texto para o alumnado que vaia cursar o vindeiro ano 1º e 2º de Educación Primaria (140 ou 210 euros en función da renda per cápita familiar). 

fondo solidario de libros de texto para o alumnado que vaia cursar 3º e 4º de Educación Primaria. Todo o alumnado destes niveis poderá solicitalo. 

- axudas para adquirir material escolar destinado a todo o alumnado matriculado en Educación primaria , con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros. A axuda será de 50 euros.

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

PRAZO:

Desde o día 19 de maio ata o 22 de xuño. 

PROCEDEMENTO:

A través das seguintes canles: 

* de maneira telemática a través da aplicación "fondodelibros" empregando o formulario ANEXO I e ANEXO II (será necesaria a Chave365 ou o certificado dixital).

* presentando a solicitude no centro , o ANEXO I e o ANEXO II debidamente asinados e acompañados da documentación precisa. 

Horario de atención en secretaría

Todos os días en horario de 13.45 a 14.45h. 

Luns e martes en horario de 9.15 a 10.25h. 

Martes, mércores, xoves e venres: de 11.30 a 12.55. 

 

DOCUMENTACIÓN

ANEXO I

ANEXO II

- Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

E ademais, de ser o caso: 

- sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador.

- volante de convivencia.

- documentación xustificativa de violencia de xénero, que se poderá acreditar de calquera das formas que se enumeran no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.

- certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia). 

 

*En calquera caso, esta documentación deberá ser válida e eficaz no momento da súa presentación e reflectir a situación real a 31 de decembro de 2020, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores. 

 * Nos arquivos adxuntos podedes consultar a Orde de convocatoria e os anexos. 

 

AdxuntoTamaño
Orde 29 de abril de 2022 Fondo de libros.pdf1.11 MB
ANEXO I.pdf1.61 MB
ANEXO II.pdf990.25 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer