Marcha pola Non Violencia e a Paz
Ola familias!!!
Este luns 30 de xaneiro o alumnado e profesorado do Conmeniño imos celebrar unha marcha pola non violencia e pola paz.
Estades invitados/as a acompañarnos na nosa andaina, o único requisito é que traiades unha camiseta de cor branca. Sairemos do centro a partir das 11.30h.
O percorrido será o seguinte: baixada por Campos ata a igrexa, Avenida de Portugal e subida de Meloxo.
Esperámosvos!!!!!
Alumnado de 6º de Educación Primaria > reserva de praza no IES adscrito
As familias que queiran que o seu fillo/a estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES Monte da Vila, centro de adscrición do CEIP Plurilingüe de Conmeniño, terán que entregar a solicitude de reserva de praza do día 16 de xaneiro ao 6 de febreiro na secretaría do noso centro (Anexo I). Tamén poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación
admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admsionalumnado)
Pinchando no arquivo adxunto poderedes descargar a solicitude para cubrir de maneira manual.
Rutas transporte escolar 22-23
Estimadas familias
Pinchando no documento adxunto podedes consultar as rutas do bus neste curso 22-23.
COMEZO DE CURSO 2022-2023
Estimadas familias
Benvidas de novo ao cole!
Informarvos que o vindeiro xoves día 8 darán comezo as clases tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria.
Entradas:
O horario de entrada será escalonado:
Educación Infantil: entre as 8.35 e as 8.45
Educación Primaria entre as 8.30 e as 8.45
Lembramos a importancia da puntualidade.
Se non chove, os titores/as recibirán o primeiro día ao alumnado no patio exterior. O resto dos días os titores/as farán garda nas aulas (a partir das 8.30h) e os especialistas serán os encargados das gardas nas entradas, tanto dianteira como traseira. O alumnado irá accedendo ás aulas a medida que vaian chegando.
Debido á mellora da situación sanitaria neste curso todo o alumnado accederá pola cancela principal (cancela verde).
Só poderán entrar a acompañar ao alumnado ata a porta do centro as familias de Educación Infantil e do 1º curso de Educación Primaria.
Portas de entrada:
· - Educación Infantil, 1º , 2º e 3º de Educación Primaria: entran pola porta dianteira.
· - 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, entran pola porta traseira.
Saídas:
13.35: saída alumnado Educación Infantil
13.45: saída alumnado Educación primaria
Do mesmo xeito que nas entradas, so as familias de Educación Infantil e do 1º curso de Educación Primaria poderán recoller ao alumnado dentro do recinto escolar, o resto deberá permanecer fóra da cancela verde onde o profesorado correspondente entregará ao alumnado que vaia para casa.
Ao longo deste curso escolar a páxina WEB do centro así como o AbalarMóbil serán dous mecanismos de comunicación moi frecuentes, polo que vos pregamos que os revisedes de xeito habitual.
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou consulta a través das seguintes canles:
Teléfono: 886151430
Correo electrónico: ceip.conmeninho@edu.xunta.gal
Moitas grazas e bo comezo de curso!
Formalización matrícula curso 2022-2023
Estimadas familias,
Lembrarlles que o próximo día 20 de xuño comeza o prazo para a formalización da matrícula para o vindeiro curso 2022-2023
O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
Os impresos serán entregados na secretaría do centro a partir de hoxe, xoves día 16 de xuño.
Convocatoria fondo solidario de libros de texto e axuda para adquirir libros de texto e material escolar no curso 22-23
O día 18 de maio de 2022 publicouse no DOGA a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022/23:
- axuda para adquirir libros de texto para o alumnado que vaia cursar o vindeiro ano 1º e 2º de Educación Primaria (140 ou 210 euros en función da renda per cápita familiar).
- fondo solidario de libros de texto para o alumnado que vaia cursar 3º e 4º de Educación Primaria. Todo o alumnado destes niveis poderá solicitalo.
- axudas para adquirir material escolar destinado a todo o alumnado matriculado en Educación primaria , con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros. A axuda será de 50 euros.
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
PRAZO:
Desde o día 19 de maio ata o 22 de xuño.
PROCEDEMENTO:
A través das seguintes canles:
* de maneira telemática a través da aplicación "fondodelibros" empregando o formulario ANEXO I e ANEXO II (será necesaria a Chave365 ou o certificado dixital).
* presentando a solicitude no centro , o ANEXO I e o ANEXO II debidamente asinados e acompañados da documentación precisa.
Horario de atención en secretaría:
Todos os días en horario de 13.45 a 14.45h.
Luns e martes en horario de 9.15 a 10.25h.
Martes, mércores, xoves e venres: de 11.30 a 12.55.
DOCUMENTACIÓN:
- ANEXO I
- ANEXO II
- Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
E ademais, de ser o caso:
- sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador.
- volante de convivencia.
- documentación xustificativa de violencia de xénero, que se poderá acreditar de calquera das formas que se enumeran no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.
- certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia).
*En calquera caso, esta documentación deberá ser válida e eficaz no momento da súa presentación e reflectir a situación real a 31 de decembro de 2020, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores.
* Nos arquivos adxuntos podedes consultar a Orde de convocatoria e os anexos.
Listaxe definitiva de admitidos para o curso 2022-2023
Xa podedes consultar a listaxe definitiva de admitidos no taboleiro de anuncios do centro ou ben, de maneira telemática (con Chave365 ou certificado dixital) na aplicación :
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Lembrade que a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
Para calquera dúbida:
886 15 14 30
Modificación concreción curricular 2021-2022
En relación á Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacherelato no sistema educativo de Galicia actualizáronse os criterios de promoción do alumnado da etapa primaria. Podedes consultar a información no ficheiro adxunto, e o resumo da información no segundo ficheiro.
A dirección
Listaxe provisional de admitidos para o curso 22-23
Unha vez rematado o prazo para a presentación das solicitudes de admisión, informar que todas as solicitudes foron admitidas .
Podedes consultar a listaxe provisional no taboleiro de anuncios do centro ou ben, de maneira telemática (con Chave365 ou certificado dixital) na aplicación :
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Lembrade que a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
Proceso de admisión para o curso 22-23
PRAZO: do 1 ao 21 de marzo
PROCEDEMENTO: a través das seguintes canles:
- De maneira telemática a través da aplicación "admisionalumnado" (será necesaria a Chave365 ou o certificado dixital). (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)
- Presentando a solicitude no centro escollido como primeira opción. Dita solicitude poderá descargarse do documento adxunto ou solicitala na Secretaría do Centro.
DOCUMENTACIÓN:
- Modelo de solicitude cuberto.
- Documento acreditativo da idade do alumno/a (DNI ou libro de familia).
- Certificado oficial do expediente académico (agás no caso de 4º de Educación Infantil).
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar (sempre e cando se denegue a súa consulta na solicitude).
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de ser o caso.
A TER EN CONTA:
- En caso de separación ou divorcio a solicitude deberá ir firmada polos dous proxenitores (agás no caso de que a patria potestade estea atribuída a unha das dúas persoas ou nos casos de violencia de xénero).
- So se poderá presentar solicitude no centro educativo escollido en primeiro lugar.
- O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro , no caso de presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo ao centro de orixe.
CONSULTA:
O centro publicará as listaxes de admitidos e non admitidos:
- Listaxes provisionais: antes do 25 de abril (reclamacións, 5 días hábiles contados a partir da publicación).
- Listaxes definitivas: antes do 15 de maio.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:
Entre o 20 e o 30 de xuño de 2022.
OFERTA DE VACANTES PARA O CURSO 22-23:
CURSO | VACANTES |
4º EDUCACIÓN INFANTIL | 25+ 3 *NEAE |
5º EDUCACIÓN INFANTIL | 16 |
6º EDUCACIÓN INFANTIL | 13 |
1º EDUCACIÓN PRIMARIA | 13+ 3 *NEAE |
2º EDUCACIÓN PRIMARIA | 11 |
3º EDUCACIÓN PRIMARIA | 12 |
4º EDUCACIÓN PRIMARIA | 19 |
5º EDUCACIÓN PRIMARIA | 6 |
6º EDUCACIÓN PRIMARIA | 7 |
*NEAE: reservadas a alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO:
Decreto 13/2022 do 3 de febreiro
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »